Atlántico agasalla aos lectores cunha biografía de Paz Andrade

Atlántico agasallará mañá aos lectores co libro “Vida e Obra. Valentín Paz Andrade”, un volume que recolle a traxectoria deste intelectual, político, empresario e poeta e que inclúe un pequeno poema do autor.

redacción. vigo especialad@atlantico.net
Publicado: 16 may 2012 - 11:00 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:44
O libro que Atlántico entregará de balde mañá, 17 de Maio, aos seus lectores.
O libro que Atlántico entregará de balde mañá, 17 de Maio, aos seus lectores.

Como xa ven sendo habitual nos último anos, Atlántico entregará de balde o 17 de Maio, xunto co exemplar do xornal, un libro con un resumo da vida e obra do homenaxeado no Día das Letras Galegas (os suscriptores tamén recibirán o libro gratuitamente nos seus domicilios).

Valentín Paz Andrade (1898-1987) foi unha das figuras máis influíntes de Galicia do pasado século. Aínda que nado e soterrado en Pontevedra, de onde era natural a súa familia, a meirande parte da súa vida estivo vencellada á cidade de Vigo.

Grande amigo de Castelao, Valentín Paz Andrade participou activamente nos movementos galeguistas. Logo de participar na Guerra do Rif, instálase en Vigo, onde impulsa varios proxectos xornalísticos e, como avogado da patronal pesqueira viguesa, funda a revista “Industrias Pesqueiras”. Tamén colaborou na redacción, en 1931, do Antreproyeito de Estatuto da Galiza. Sufriu o cárcere e o desterro. Nos anos 60, conseguiu converter a Pescanova na maior armadora europea de buques conxeladores.

Como ensaísta, destaca a súa obra Galicia como tarea, que supuxo todo un revulsivo para época, e La marginación de Galicia. Tamén foi un destacado poeta. Foi membro da Real Academia Galega e, entre outras distincións, foi Medalla Castelao e Medalla de Ouro da Cidade de Vigo en 1986.n

Contenido patrocinado

stats