Un Ateneo para tódalas ideoloxías
vigo
Anxo Cabada promove a creación dun espazo común onde fomentar o debate e a Cultura, que se presenta hoxe no Marco
nnn O Ateneo de Vigo xa é unha realidade. Hoxe preséntase no Marco, ás 19.30 horas, e cando aínda está en fase de constitución, xa conta cun centenar de socios potenciais. O fotógrafo Anxo Cabada, alma da iniciativa e presidente da nova asociación asegura que "nos tempos de corren, o Ateneo está concibido como un espazo común e de encontro para tódalas ideoloxías; temos a vocación e a ambición de dar cabida a todos". Así entre os seus fundadores atópase o escritor Manuel Forcadela, a xornalista María Xosé Porteiro, o sindicalista Emilio Fernández Zunzunegui, os profesores Ana Fresco e Xosé Carlos López Bernárdez, así como especialistas en comunicación ou dinamización lingüística como Nacho Pérez ou Marta Souto. "É xente que xa pasou por distintos movementos políticos e agora busca un punto de encontro; o feito de ter ideas diferentes non debe ser un impedimento para se entender", puntualiza Cabada.
Vigo conta con precedentes neste campo, que nunca chegaron a fructificar. Xurdidos a mediados do século XIX, desapareceron coa Guerra para voltar nos últimos anos do franquismo. "Terá sentido se se apuntan moitos cidadáns a participar, así a través das cotas poderemos organizar actividades, invitar á resistencia activa", adianta o presidente. Abragarán mesas de debate de Cultura, de Economía e Sociedade, de Medio Natural e Territorio e de Cidade e Patrimonio. Xa cautivou ao activista Antón Bouza, a científica Victoria Besada ou actor Morris. A primeira análise está adicada ao futuro, precisamente do Marco, baixo a dirección de López Bernárdez: "Preocúpanos como os contedores de cultura no centro da cidade están quedando baleiros", indica Cabada. Neste afán de dar contidos, o Ateneo busca establacer espazos de diálogo no edifico Gambón, Artes e Oficios, ou o Instituto Camões.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas