A asociación Évame Oroza achégase ao ceo neste 2026

Cunha media de dous actos culturais por semana, os organizadores apostan por seguir crecendo con máis propostas

Presentación da programación cultural para 2026 da Asociación Évame-Oroza.
Presentación da programación cultural para 2026 da Asociación Évame-Oroza. | Vicente Alonso

O presidente da Asociación Évame-Oroza, Javier Romero, presentou onte a programación cultural para 2026, destacando que a asociación mantén unha media de dous actos culturais por semana grazas ao apoio institucional e á participación da comunidade. Este ano celebrarase oito exposicións de arte, tanto de artistas emerxentes coma consolidados, acompañadas de charlas e visitas guiadas que achegan ao público á obra dos autores.

Romero subliñou tamén a produción de espectáculos propios, como o recital de poesía escénica “Sesión de espiritismo”, e o Festival de Poesía e Oralidade “Máis Alto que o Ceo”, consolidando a Évame-Oroza como referente cultural en Vigo. A asociación conta con recoñecemento internacional, tras recibir máis de 400 poemarios procedentes de Latinoamérica para o premio internacional. O promio Romero puido comprobar na Feira de Guadalajara en México coma os visitantes preguntaban pola asociación.

As actividades buscan dinamizar o Casco Vello Alto, unha zona que durante anos careceu de actividade cultural constante, e inclúen tamén actuacións dun grupo de teatro formado localmente, que ofrece programación continua.

Pola súa banda, Ana Ortiz, delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, destacou o efecto dinamizador de Évame-Oroza na vida cultural e social do barrio histórico. Subliñou que a rehabilitación do edificio asociado ao proxecto converteu o espazo nun punto de referencia para a cidade e felicitou á asociación polo seu labor diario na promoción da cultura.

Contenido patrocinado

stats