A asociación contra o cancro atendeu a 7.000 persoas nun ano

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou onte a sede da xunta local da Asociación Española contra o Cancro (AECC), onde mantivo un encontro coa súa presidenta, Ángeles Pazos, e membros da súa directiva, aos que lles trasladou os parabéns e recoñecemento da Xunta de Galicia polo outorgamento da Medalla de ouro da cidade, que recibirán esta mesma semana. Tamén felicitou aos Vigueses Distinguidos deste ano.

redacción. vigo
Publicado: 26 mar 2013 - 07:00 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:47

Bravo Bosch quixo recoñecer así o traballo diario e a valiosa contribución da AECC á sociedade a través dos seus socios e traballadores pero tamén a través dos seus voluntarios ?ao redor de 300- que entregan o seu tempo e esforzo a unha causa solidaria. Neste senso, a representante da Administración autonómica na cidade gabou o pioneiro programa 'O Carriño Amable' que, en colaboración co Sergas, leva a cabo a AECC no hospital do Meixoeiro. Con esta iniciativa, os voluntarios da asociación apoian ás persoas que reciben tratamentos oncolóxicos cun servizo de café, infusións? e que serve fundamentalmente para o acompañamento, a conversa e a distracción. Deste xeito, no ano 2012 atenderon a unhas 7.000 persoas. En total, ata 22 persoas voluntarias se desprazan de luns a venres para facer posible este programa.

Contenido patrocinado

stats