As letras galegas premian o talento do IES Castelao
Educación
O instituto vigués gañou o concurso escolar polo Día das Letras Galegas coa obra “Canta que cadramos ben”
As letras galegas premian cunha matricula de honra ó IES Castelao. O concurso escolar sobre o Día das Letras Galegas convocado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e dirixido aos centros de ensino público, xa ten gañadores. O instituto vigués é un deles. Neste caso, na categoría secundaria.
A iniciativa convidaba aos estudantes a elaborar unha exposición centrada na obra, a época e a situación sociolingüística da etapa histórica na que viviron as mulleres que protagonizan a efeméride en 2025. Deste xeito, a mostra premiada do instituto vigués leva por título “Canta que cadramos ben”. Neste senso, cómpre destacar que a colección de dez carteis que integra cada exposición e a súa correspondente guía didáctica será impresa e distribuída en centros educativos de Galicia e do exterior, ademais de bibliotecas e outros espazos culturais. Tamén estará dispoñible no Portal da lingua galega para a súa descarga libre e gratuíta, canda outros materiais elaborados polos equipos de dinamización da lingua galega. O colexio Celso Emilio Ferreiro de Cerceda, de A Coruña, foi o gañador na categoría de Educación Primaria coa proposta “As cantareiras e a poesía oral”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar