Vigueses distinguidos 2026
El IES Alexandre Boveda y el IES Álvaro Cunqueiro, Vigueses Distinguidos
O CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro de Vigo celebrou onte o Día das Letras Galegas cunha emotiva homenaxe ás cantareiras, figuras fundamentais da nosa tradición oral e musical. O acto contou coa participación de nais do alumnado pertencentes a grupos de música tradicional galega, que interpretaron cantigas, tocaron instrumentos populares e danzas tradicionais.
Participaron alumnos do centro que asisten, como actividade extraescolar, á Escola de Música e Baile Tradicional Traspés, e que compartiron co resto da comunidade educativa parte do aprendido, amosando o seu compromiso coa cultura e co patrimonio galego. Todo o profesorado, persoal non docente e alumnado do centro acudiron presentes nun acto cheo de emoción, música e orgullo pola nosa lingua e tradicións.
Dentro das actividades que se desenvolverán nos centros escolares atópase a actividade que levará a termo o CEIP Ría de Vigo, IES Coruxo e do Conservatorio Profesional de Música de Vigo, onde os alumnos recuperaron as coplas populares perdidas nas parroquias de Saián, San Miguel e Coruxo. Inaugurarán o seu traballo o venres 16, ás 19:30 horas, no paseo da Praia do Vao (á altura do posto da Cruz Vermella). Asistirán as direccións e o profesorado dos tres centros, as ANPA e as asociacións veciñais e culturais das tres parroquias. Tamén acudirán familiares da escritora Xela Arias, a partir da que hai catro anos arrancou esta iniciativa denominada precisamente XELA (Xerando Espazos de Lectura no Aberto). Trátase, en definitiva, dunha mostra no espazo público que recompila materiais sonoros, gráficos, ademais de pezas audiovisuais realizadas para o proxecto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar