As Fillas de Cassandra atópanse co seu público

O concerto que tivo lugar onte, no teatro Salesianos, forma parte da cuarta edición dun festival que nace coa intención de dar visibilidade ao talento feminino en ámbitos como o cinema, literatura, teatro ou música

Concerto de Fillas de Cassandra en VigoFem.
Concerto de Fillas de Cassandra en VigoFem. | Vicente Alonso

María Soa e Sara Faro foron onte o exemplo feminista do VigoFem. As integrantes de Fillas de Cassandra regresaron a Vigo para tocar en directo os temas do seu último disco, “Tertulia”. Chegan tras unha xira de promoción do que é un proxecto moi especial para as intérpretes.

É o seu segundo disco, onde fusionan a vangarda musical coa sonoridade tradicional galega. A imaxe do álbum foi unha instalación de asentos: "Construímos estas cadeiras porque apareceu o símbolo como un espazo de repouso onde ter esa conversa dilatada. Aí comenzou o proceso de 'e se cada canción tivera unhas calidades, uns materiais, de que forma serían?”, afirmaron na súa presentación.

Salesianos acolleu unha longa fileira de fans para o concerto de Fillas de Cassandra en VigoFem.
Salesianos acolleu unha longa fileira de fans para o concerto de Fillas de Cassandra en VigoFem. | Vicente Alonso

O concerto que tivo lugar onte, no teatro Salesianos, forma parte da cuarta edición dun festival que nace coa intención de dar visibilidade ao talento feminino en ámbitos como o cinema, literatura, teatro ou música. Foi unha festa para os incondicionais das Fillas.

Contenido patrocinado

stats