As 2.500 caras da editorial Galaxia

O Marco acolle desde hoxe a exposición “Un país ilustrado: as cubertas de Galaxia”, onde se mostran varias das portadas de libros máis ilustres da editorial nos seus 75 anos de historia e comisionada por Xurxo Martínez

As 2.500 caras da editorial Galaxia | Vicente Alonso

A editorial Galaxia puxo o colofón a súa festa polo 75 aniversario coa mostra da sua cara visible. Tras 2.500 libros publicados, recopilou varios dos seus mellores exemplares para facer a exposición “Un país ilustrado: as cubertas de Galaxia”, onde amosa o paso do tempo a través das súas portadas. Catro deseñadores gráficos estiveron á fronte do deseño dos libros e do montaxe en toda a súa historia. Dende a sobriedade de Xohán Ledo, a renovación de Francisco Mantecón, a modernidade de Manuel Janeiro e a actualidade de Hayat Husein. Ademais, a exposición conta con un pequeno apartado de Xaime Isla Couto, fundador da editorial, un espazo para o deseñador Luís Seoane e dúas pinturas de Urbano Lugrís de gran beleza.

Dende a silueta de Áxel Fole ata varios exemplares de “Cousas” de Castelao, pasando polo clásico “Follas Novas” de Rosalía de Castro. En catro puntos diferenciados, pódese contemplar a evolución de Galaxia e a súa simbiose cos tempos vividos. Dende os seus inicios coa ditadura, sendo unha forma de liberdade. Nun apartado, aparece un espazo para a literatura infantil, outro dos piares fundamentais de Galaxia: o carismático Toribio, as coleccións de Chalupa e os libros de Costa Oeste, máis para o público xuvenil. Todo baixo o comisario Xurxo Martínez. “As portadas son o rostro dos libros. Con eles se educa”, apuntou.

Martínez valorou estas obras na páxina 1 dos libros, que teñen que ter certos condicionamentos para que chame a atención ao público. “Ten que entrar polos ollos, pero tamén ten que representar a idea do texto”, sinalou. Xosé Manuel Soutullo, director de Galaxia, asegurou que amosar a evolución cuantitativa e cualitativa era unha espina cravada no seno da editorial e, tras un ano de moita actividade, pechar os eventos con esta mostra era o broche perfecto. Tamén a actual deseñadora gráfica Hayat Husein quixo poñer en valor esa imaxe que “invita a entrar na novela. Non é un envoltorio, é un acto de comunicación”. A exposición estará na primeira planta do Marco ata o día 17 de maio, día das Letras Galegas.

A esquerda, o director do Marco, Miguel Fernández, na súa intervención acompañado do alcalde Abel Caballero, o director de Galaxia, Xosé Manuel Soutullo, o comisario Xurxo Martínez e a deseñadora Hayat Husein, entre outros
A esquerda, o director do Marco, Miguel Fernández, na súa intervención acompañado do alcalde Abel Caballero, o director de Galaxia, Xosé Manuel Soutullo, o comisario Xurxo Martínez e a deseñadora Hayat Husein, entre outros | Vicente Alonso

Non é a primeira vez que Galaxia está presente no céntrico museo vigués. Pero a presidente do Marco, Miguel Fernández, quedou con gañas de máis. E por fin cumpre o seu desexo. “Galaxia estivo na miña historia persoal cando estaba fóra de Galicia. Sempre quixen preparar una segunda aposta con eles. Tardei moito en facelo”, apuntou. Confesou que os seus libros a as portadas foron unha seña de identidade de Galicia.

O alcalde, Abel Caballero, estivo presente no acto de presentación. Na portada das obras observou a Rosalía, a Vicente Risco. “Son capaces de achegar a primeira idea”, reflexionou sobre o deseñador. Nesa liña, Galaxia foi pioneira e necesaria para entender a Galicia contemporánea: “Foi un berro silencioso de liberdade na súa fundación, nunha época onde facelo estaba prohibido”.

Contenido patrocinado

stats