Vigueses Distinguidos
Sara Penedo: “Esta es una ciudad con mucho potencial deportivo”
Alba Sánchez y Esther López, de ‘No todo el pescado están vendido’ volveron facelo. Conqueriron encher a praza de abastos do Calvario de arte coincidindo co festivo do 17 de maio, Día das Letras Galegas. Uns 80 expositores, entre ceramistas, pintores, deseñadores ou outro tipo de artesáns completaron a aforo dos dous andares do inmoble na décima edición do Mercado da Arte. Foi unha ocasión especial xa que coincidiu co centenario do edificio. Obra de Jacobe Esténs, abriu as súas portas en 1925 nun barrio obreiro.
“Estamos moi satisfeitas coa resposta da xente, por parte dos expositores temos moita presenza española dende Valladolid, Euskadi e de toda Galicia, xa non temos máis espazo para onde medrar”, afirma Sánchez.
Milleiros de curiosos e clientes pasaron pola feira durante as nove horas que estivo aberta de xeito ininterrumpido, coa opción de quedar a xantar. Amais de desfrutar cos expositores, os asistentes contaron cunha programación de contacontos e actuacións musicais para os máis cativos.
Como en tódalas edicións, o artista ‘maldito’, Pedro Sardiña deu a benvida á entrada do mercado, reinventado a súa proposta: “A miña pintura é un rolo, polo que unín 20 cadros e véndoos ao detalle, 5 céntimos por centímetro cadrado”. Así, colocando un marco estándar, recorta a figura que escolle o comprador, saíndo a peza entre os 30 e os 40 euros.
“O meu mollo típico mexicano é o que máis se vende, Fágoo eu, e como a arte e a vida, é picante”
“É a primeira vez que facemos rebaixas, pero precisábamos espazo no taller e so vimos a este mercado”
“Levo a arte ao mundo cotiá a través da ilustración aplicada ao textil, fai á xente máis feliz”
“Viñemos cos pais dende china na eso, agora temos o noso obradoiro no milladoiro”
“Son o outsider do mercado da arte co beneplácito das súas organizadoras, sempre veño”
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Vigueses Distinguidos
Sara Penedo: “Esta es una ciudad con mucho potencial deportivo”
Vigueses Distinguidos
José Alfonso González: “El Alertanavia ve el fútbol con una perspectiva distinta”
Lo último