"Toda a arte é froito dalgunha terra"
Os Premios da Crítica de Galicia entregáronse cun chisco a Castelao
"Toda a arte é froito dalgunha terra, neste caso, da nosa terra”. Con esta referencia a Castelao, os Premios da Crítica de Galicia cumpriron 48 anos e entregaron onte en Vigo os seus galardóns os mellores proxectos musicais, artísticos, científicos e sociais do ano 2024 na comunidade. A expectación foi total na sede da Obra Social Abanca, cun auditorio cheo e moito sentir a unha das referencias da literatura galega no 75 aniversario do seu pasamento. Castelao foi omnipresente nas verbas de quen subía o estrado, donde rezaba unha mensaxe súa: “A tradición é a alma da Galiza”.
Manuel Bragado, presidente da asociación Crítica de Galicia, valorou a concentración de talento que participou no proceso. Unha calidade que fixo traballar (e moito) o xurado na súa deliberación. Foron en total medio millar de propostas en dez categorías, unha produción “bárbara” que fala da “xenerosidade” da lingua galega e da súa boa saúde. Bragado quixo dar unha sentida homenaxe a Luis Marconi, membro da asociación e primeiro secretario dela. O aplauso do público foi intenso.
Os premios recoñeceron o atrevemento, a tradición e a traxectoria de quen preserva a lingua galega por diante de todo o demais. Os gañadores foron: Lara Dopazo, con “Contos Gringos” (creación literaria), a investigadora do Cintecx, Belén Riveiro (investigación científica e tecnolóxica), Xosé Miguel Andrade e o seu libro “As peregrinacións a Compostela: mito, historia e falsidades” (ciencias sociais e humanidades), proxecto “Apego” (iniciativa cultural e científica), Cuarteto de Quiroga (musical), Chus Martínez (artes plásticas), o Teatro de Ningures con “As Gardiás” (artes escénicas), Manolo González (cine e artes audiovisuais), o CIFP Carlos Oroza (cultura gastronómica) e Carballo Interplay (cultura dixital).
No acto estiveron presentes diversas autoridades como o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, o alcalde de Vigo, Abel Caballero e a concelleira de cultura, Carmela Silva. López Campos fixó unha profunda reflexión sobre o galego, un idioma que ten que servir para “unir e non para separar”, sendo o fío condutor dunha identidade galega que, neste ano viviu efemérides importantes como o 75 aniversario da editorial Galaxia ou o tamén os 75 anos da morte de Castelao. “A sociedade ten que ser igualitaria. O punto de unión ten que ser a cultura”, resaltou.
Sánchez brindou por “celebrar a cultura” e apostar por ela en toda a súa esencia. Tamén no creador máis minoritario e humilde. “Non podemos deixar a ninguén fóra da cultura”, expresou. Mentres, o alcalde, Abel Caballero, alentou a sociedade a “lanzar un berro” do mundo cultural para apagar ás voces que buscan “limitar a liberdade de pensamento”. Para iso, animou a “ser valentes” e seguir cunha “excelente” mobilización da cultura galega.
Dende a organización xa preparan un evento especial no ano 2027 polos seus 50 anos. Mentres, cun orgullo latente que non freou nin coa pandemia, os Premios da Crítica de Galicia volver ser o cumio da cultura galega.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último