“Arraianos” reflexiona na súa nova etapa

Alvarellos asume a edición da revista cultural que contará con colaboradores de diversas áreas

Un novo número (o séptimo) da revista ‘Arraianos’ sae a luz, adicando á vida nas aldeas galegas. Esta entrega presentouse onte na Casa do Libro.

Publicado: 15 mar 2008 - 14:10 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:30

O editor Henrique Alvarellos, o segundo pola esquerda, presentou un novo número da revista “
O editor Henrique Alvarellos, o segundo pola esquerda, presentou un novo número da revista “

Medio cento de colaboradores participan neste número, entre os que se atopan Pedro de Llano, Augusto Pérez Alberti, Marcial Gondar, Francisco Sineiro, Plácido Lizancos, Xosé Manuel Pereiro, Anxo Angueira e J.J.Moralejo. Aborda a realidade das aldeas galegas e as fondas transformacións polo abandono do ámbito rural, a que se víu sometido no último cuarto de século e que continúa na actualidade: ‘Convócase ao lector a reflexionar sobre a situación de desamparo das aldeas galegas, ao tempo que facemos un chamamento á clase política para que tome medidas reparadoras’, afirmou o editor Henrique Alvarellos.

Esta edición incorpora novidades, xa que a editorial Alvarellos asume a súa producción, tras ter asinado un acordo coa asociación Arraianos, promotora da mesma A estreada faciana de ‘Arraianos’ presenta unha nova maquetación de 158 páxinas editadas a toda cor e cun amplo despregue gráfico, que inclúe a presenza do fotógrafo vigués Manuel Cendón coa imaxe da cuberta e reproduccións no interior, pertencentes á mostra ‘Casas doentes’, que se expuso na Casa das Artes.

‘É unha revista galega, feita en galego. Conta con artigos en portugués respostando á filosofía de ‘Arraianos’, que xorde na Limia, que defende a desaparición das fronteiras entre Galicia e Portugal. O noso obxectivo é sacar dous números ao ano’, afirmou Alvarellos. Distribuirase por toda Galicia, e porase á venda baixo demanda en España e no Norte de Portugal.

Contenido patrocinado

stats