Del 10 al 12 de junio
Radar Atlántico: música en directo y sabor gallego
Inclúe unha fotografía descoñecida de Rosalía, un autógrafo e unha carta dirixida á poetisa
A importancia do libro radica en que foi modificado polo seu primeiro propietario, Ramón Segade, que incorporou unha fotografía descoñecida de Rosalía feita por María Cardarelly, un poema autografado pola autora e que é o único que se conserva coa súa letra, e un manuscrito de Segade onde reproduce a resposta da poetisa Fernán Caballero ao exemplar adicado.
A descuberta e a compra do exemplar tivo lugar na contorna da exposición No principio foi o verso que se mostra na sede viguesa da Barrié polos 150 anos da publicación de Cantares Gallegos e que da, di Angueira, proba da repercusión social que está a ter. Un veciño da cidade (quen prefire permanecer no anonimato) púxose en contacto coa Casa Museo para ofrecer un exemplar tras visitar a mostra. O coste da adquisición, moi razoable por Angueira, tampouco trascendeu.
O exemplar amosarase en Vigo ata o 15 de septembro e logo irá á Casa Museo en Padrón.
Contenido patrocinado
También te puede interesar