Ao Parlamento por Reboiras
A familia de Moncho Reboiras entrevistouse con Miguel Anxo Santalices para amosar o seu malestar coa proposición do PP no Parlamento contra os monumentos pola memoria do veciño vigués
“Xosé Ramón Reboiras Noia foi un estudante brillante de Enxeñería, formado na intelectualidade galeguista de Vigo, que nunha situación política anómala, por conciencia, vese impulsado a implicarse en organizacións clandestinas”. Así, a familia de Moncho Reboiras recollía a súa “enérxica contrariedade e indignación” ante a proposición do Partido Popular na que insta ao Parlamento a retirar os monumentos de Santiago, Lugo e Arzúa en lembranza do veciño vigués, asasinado nunha persecución franquista, tildándoo de terrorista. “Foi declarado vítima do franquismo en 2009”, sinalou o seu irmán, Manolo Reboiras, quen coa súa filla, Sara, reuníronse co presidente do Parlamento, Miguel Anxo Santalices, para entregarlle un comunicado e solicitar a paralización desa proposición popular.
“A reunión foi amena, sociable e diplomática, tal e como é Santalices, un home de boa fe. Quedou en facer as xestións pertinentes no Parlamento, xa que é sensible coa loita pola memoria, aínda que no seu partido tamén hai quen ten outras afinidades”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar