Antonio Zambujo: “Actúo para quen queira escoitar, mentres eu fago o que máis me gusta”
"Eu teño un vencello moi forte coa Galicia dende hai dezaseis anos, en que pasei un tempo aquí e fixen grandes amigos"
Antonio Zambujo subirá hoxe ao escenario de Cortiñas de San Francisco, en Valença, dentro do festival transfronteirizo IKFEM. Será ás 21.30 horas, e será na compaña da intérprete Uxía, nunha irmandade musical de ámbalas dúas beiras do Miño. Na preparación do concerto, Zambujo falou para Atlántico sobre experiencia, na que estarán arroupados por un cuarteto.
Como xorde esta colaboración con Uxía?
Xa a coñezo dende hai moitos anos, alá polo 2010. Coincidimos no festival Canto na Mare (dirixido pola mesma Uxía e Paulo Borjes), estivemos a ensaiar uns días en Santiago y logo xa fomos para Pontevedra. A partir de entón, temos feito unha chea de colaboracións.
Nesta ocasión, actuarán dentro do concepto da eurocidade.
Penso que é moi interesante esa idea, considéroa unha boa iniciativa que se debera estender a outras rexións fronteirizas de España e Portugal.
Semella que hai un transfundo cultural e histórico que xustifica que se celebre aquí. Non pensa?
Eu teño un vencello moi forte coa Galicia dende hai dezaseis anos, en que pasei un tempo aquí e fixen grandes amigos. Atópome moi a gusto. É certo que sempre houbo unha conexión especial con esta terra, xa a tivo Zeca Afonso.
Definírono como o representante contemporáneo do fado. Recoñécese na mesma?
A miña música ten influencia do fado, pero tamén doutro tipo de sonoridade. É unha das bases das miñas composicións, como tamén o é a música popular portuguesa ou a de Brasil, incluso teñen as influencias africanas. Gústame procurar a inspiración nas melodías de Mozambique ou Angola.
Despois do aloumiño de Caetano Veloso ao seu traballo, hai máis presión á hora de compoñer?
Fiquei feliz coas súas palabras or eu gosto moito da súa traxectoria, é importante para min. É un enxeñeiro na música brasileira, un poeta.
A que público dirixe o seu concerto?
Actúo para quen quixera escoitar, mentres subirei ao escenario para facer o que máis me gusta, tocar e cantar. Agardo que a xente desfrute tamén
Contenido patrocinado
También te puede interesar