Antonio Valín: "Estamos moi contentos de ter xente nova na Semana Santa, hai que pensar no futuro"

"Estamos moi contentos de ter xente nova na Semana Santa, hai que pensar no futuro", din o bispo da Diocese de Tui-Vigo

O bispo da diocese Tui-Vigo, Antonio Valín
O bispo da diocese Tui-Vigo, Antonio Valín

Antonio Valín vivirá a súa segunda Semana Santa en Vigo como bispo da Diocese de Tui-Vigo. Recoñece que para él será especial, con moitos nervios pero tamén moita ilusión pola festividade litúrxica.

¿Esperan novidades para esta Semana Santa?

Sei que as diferentes confrarías están a facer cousas novas e están moi ilusionados por iso. Para min, será case toda novidade porque pódese dicir que é a miña primeira Semana Santa como bispo. O ano pasado, a chuvia impediu saír ás procesións, e só se puido facer o Domingo de Ramos, con un día pouco apracible pero sen chuvia. Si puiden facer os actos litúrxicos dentro das igrexas.

A partir de hoxe, comezase cinco días de moito traballo coa ofrenda a Virxe da Amargura.

En realidade, a Semana Santa comeza co pregón. Este ano foi Leonardo Lemos, bispo de Ourense, o día 17. Esa é a data oficial. E logo, sen lugar a dúbidas está a Borriquita. Creo que é a procesión que máis gusta na xente. Hoxe, a Confraría do Silencio e a da Amargura rematan un triduo cunha ofrenda na parroquia de Santiago de Vigo. E logo o venres estarán os pasos máis vistosos, creo eu, dende o Sagrado Corazón. Este ano contamos con bastantes pasos e costeleiros botando unha man.

Os dous últimos anos non puideron saír as procesións polas precipitacións. ¿Iso apagou a devoción en Vigo pola Semana Santa?

Non creo. Hai que botar máis a vista atrás, porque tampouco puideron saír os pasos pola irrupción da pandemia. Creo que só saíron no 2022 e 2023. Pero este ano de bo tempo, as expectativas que me trasladan os voluntarios son moi boas. E hai que ter en conta que hai xente que aproveita para viaxar e non estarán en Vigo. Haberá que esperar a ver que pasa. O que si, hai unha gañas especiais de recuperar o que antes estaba perdido. En Bouzas, por exemplo, recuperouse todos os pasos. Teis seguirá tendo as súas procesións tan veneradas. Veremos como se comporta a xente, pero hai gañas. Non só polos fieis, senón tamén por todo o traballo realizado polos voluntarios. Están todo o ano a preparar esta Semana Santa e, como se dí, acaba unha e xa tes que empezar a do ano que ven.

¿Estase a conseguir atraer os mozos para colaborar nas parroquias?

Teño entendido que sí. E é moi boa noticia. Estamos moi contentos de ter xente nova na Semana Santa, hai que pensar no futuro. Todos os que traballan son voluntarios, e que estean mozos de 18 ou 20 anos nas procesións e dedicando tempo a estes traballos, é de agradecer. Porque é bonito ver dar pasos adiante a esta xente, que veñen tras ser invitados por outros amigos seus.

Contenido patrocinado

stats