Antonio Durán ‘Morris’, nomeado premio Xiria á labor teatral
teatro
O actor vigués 'Morris' recollerá o vindeiro 4 de xullo no Auditorio Municipal de Cangas o Premio Xiria ao Mellor Labor Teatral 2026 que recoñece a súa traxectoria
A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) acordou conceder o Premio Xiria ao Mellor Labor Teatral 2026 ao actor vigués Antonio Durán ‘Morris’ (1959), en recoñecemento a unha ampla e sólida traxectoria profesional que abrangue case cinco décadas sobre os escenarios e nas pantallas.
A organización destacou a súa versatilidade interpretativa, así como unha “capacidade creativa excepcional” que lle permite dar vida tanto a personaxes cómicos como dramáticos, conectando con públicos moi diversos. Segundo a MITCFC, Morris é hoxe un referente indiscutible dentro do panorama escénico galego.
O actor recibiu a noticia con “alegría tremenda”, especialmente por tratarse dun recoñecemento procedente de persoas coas que comparte oficio e traxectoria. Ademais, quixo subliñar o carácter colectivo do premio, que considera extensible a todas aquelas persoas que formaron parte do seu camiño profesional, incluíndo tanto as que xa non están como as que continúan a traballar nun sector que cualificou de esixente. A entrega do galardón terá lugar o vindeiro 4 de xullo, ás 22 horas, no Auditorio Municipal de Cangas, no marco da celebración da Mostra.
Morris foi unha figura clave na modernización do teatro galego, como cofundador da compañía Artello en 1978 e participante na creación do Centro Dramático Galego en 1984. Ao longo da súa carreira interveu en máis dun cento de producións audiovisuais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
fútbol sala
La Vigo Cup busca finalistas
+deporte | día de la bici
La bici es el Amor de Dios
Ascenso a Segunda División
Fredi: “Tentaremos que este namoramento remate en matrimonio”
Ascenso a Segunda División
Buscando el lleno para un sueño