Del 10 al 12 de junio
Radar Atlántico: música en directo y sabor gallego
Dolores Vilavedra e Víctor F. Freixanes presentaron onte o novo número na Casa Galega da Cultura. Grial recolle unha nova lectura da poesía de Cunqueiro por Manuel Forcadela; a reflexión sobre o Hamlet cumqueirán de María Liñeira; Xosé Manuel Dasilva, que continúa cos seus estudos sobre as relacións dos escritores galegos coa censura franquista; a análise do Cunqueiro castelán por Fernando Valls e César Cunqueiro que explora novas interpretacións da narrativa do seu pai.
Ademais, Xosé-Henrique Costas e Iago Castro presentan e comentan poemas esquecidos do autor anteriores a 1933.
O número inclúe a derradeira entrevista que concedeu Cunqueiro, pouco antes de morrer en Vigo o 28 de febreiro de 1981. Foi concedida a César Morán o 5 de xaneiro.
Completan o número as seccións cotiás da publicación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último