Ana Ulla: "Como a astrofísica non é maioritaria, penso que este é un recoñecemento importante e relevante"
Ana Ulla, astrofísica da UVigo e Viguesa Distinguida 2023
Ao outro lado do teléfono, a catedrática de Astrofísica da UVigo Ana Ulla aínda non cre a nova de que o vindeiro xoves recibirá o recoñecemento de Viguesa Distinguida. Inmersa nun congreso en Alemaña, onte fixo un oco para atender a Atlánticosobre este fito.
Como se enterou do seu nomeamento?
Estaba nunha conferencia. Teño o teléfono en silencio pero apareceu un número moi longo. Era a secretaria do alcalde, mo comunicou Abel Caballero direcrtamente. Foi toda unha sorpresa.
Como se sentiu ao coñecer a nova?
Moi sorprendida. Preguntei: A min? Non o esperaba, pero estou moi contenta porque é un premio moi importante e un honor enorme. Aínda o estou asimilando, de feito, cheguei a pensar que era unha broma, pero coñecía ben a voz do alcalde.
É todo un recoñecemento á súa carreira en astrofísica.
Eu levo moitísimos anos en astrofísica. Todo o mundo se esforza moito nas súas carreiras, pero como a astrofísica non é maioritaria nas universidades galegas pensó que é un recoñecemento moi importante e aporta unha visibilización moi relevante.
Vostede sabe ben o que é migrar para formarse e especializarse. Por que elixiu Vigo á hora de asentar a súa carreira?
Porque eu son de Vigo, esa é a razón número un. E porque a UVigo era unha universidade nova e pareceume unha oportunidade de ouro para contribuir con todo o que eu sabía e intentar aportar algo no campo da astrofísica á universidade da miña cidade.
Que a levou a intersarse polo espazo profundo e os exoplanetas?
A astronomía e a astrofísica son moi vocacionais. Dende adolescente tiña claro que quería estudalas. Por qué? A min me interesa o coñecemento en xeral: historia, ciencias, literatura… Pero a posibilidade de entender o universo, que é o máis grande que se coñece, paréceme verdadeiramente fascinante.
É unha dos 450 científicos europeos que estudan a Vía Láctea no proxecto Gaia. Como avanza esta iniciativa?
Xusto agora estou nunha reunión plenaria sobre o proxecto. É moi complexo. Hai moitas tarefas que facer, millóns de datos que analizar… Traballamos con moitos datos e de moi boa calidade, e as medición que fai Gaia son un antes e un despois nos movementos das estrelas, das súas propiedades físicas… Cada certo tempo faise unha reanálise de todos estos datos que se van observando todos os días e se publican datos para que a comunidade científica e a xente os poida usar. Estamos xa preparando o que chamamos o cuarto arquivo. Algunhas cousas que foron saíndo sobre nosa galaxia son incribles. Foise construindo canibalizando a otras galaxias máis pequenas. O proxecto vai e avanza moi ben e se espera que o próximo arquivo sexa moito mellor.
En 2015 escribiu un conto infantil, “Desde el jardín, las estrellas”. Planea seguir facéndoo ou foi un proxecto singular?
A idea era seguir publicando, pero non tiven máis tempo humano dende entón. Teño que atender a miña docencia e a miña investigación primeiro, pero teño a súper fortuna de contar co apoio do servizo de publicación da UVigo e está preparándose unha nova versión deste libro. Seráa mesma historia, pero ampliada con actividades e unha proposta de guía de lectura. A ver se pode saír para este ano. E si que me gustaría continuar ese camiño, teño a medio escribir a segunda parte desta serie, pero non teño moito tempo para facelo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar