Ana Pastor defende a "política de feitos" do PP na loita pola igualdade
Pastor subliñou que a loita pola igualdade e contra a violencia de xénero é unha "política transversal" e "prioritaria" para o PP
A candidata número un do Partido Popular de Pontevedra ao Congreso nas eleccións xerais, Ana Pastor, puxo onte en valor a “política de feitos” dos populares en materia de igualdade fronte “á política de pancarta e de confrontación que practican outros partidos”. Así, reafirmou que “a igualdade é un compromiso irrenunciable para o PP, un reto que compartimos co conxunto da sociedade e no que impulsamos notables avances cando gobernamos”.
Pastor subliñou que a loita pola igualdade e contra a violencia de xénero "é unha política transversal para o PP, prioritaria e afastada de calquera tipo de partidismo. Nós cremos na política dos feitos, que é a que avala a traxectoria de Núñez Feijóo, e non na política de pancarta”. E recordou que a Lei do Só si é si “foi o maior retroceso que se deu no noso país na defensa dos dereitos das mulleres, que facilitou que máis de mil agresores sexuais visen rebaixadas as súas condenas e que outro centenar saísen á rúa antes de tempo. Unha lei do PSOE e de Sumar, apoiada polo BNG”.
Foi durante a xornada “É o momento, falemos de igualdade” celebrado en Vigo, no que participaron a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, e a presidenta local do partido, Marta Fernández-Tapias, e ao que asistiron representantes das entidades sociais da cidade. Pastor adiantou varias medidas do programa dos populares, entre as que destacan un plan contra o desemprego feminino, tamén no ámbito rural e que incorporará accións específicas para mulleres con discapacidade ou con maiores dificultades para acceder ao emprego; apoio á maternidade e paternidade no ámbito laboral; impulsar o emprendemento das mulleres; ou dotar de máis recursos para garantrir unha maior axilidade, eficiencia e dedicación integral ás vítimas de violencia de xénero.
Contenido patrocinado
También te puede interesar