A ameaza sobre a carballeira da Barroca chega á Valedora do Pobo

Salvemos A Barroca leva a súa loita pola carballeira de Navia ata Santiago

Acto reivindicativo na Barroca.
Acto reivindicativo na Barroca.

A Plataforma Salvemos A Barroca levou a súa reclamación ante a Valedora do Pobo. Onte, integrantes do colectivo que loita pola conservación da carballeira natural en Navia fixeron entrega das súas queixas a mar Barcón, responsables de urbanismo da oficina da Valedora en Santiago. “Comunicámoslle que dende marzo de 2024 non temos resposta nin dende o Concello, nin dende a Consellería de Medio Ambiente sobre o motivo polo que perto de 24.000 metros cadrados de zona verde mudaron a uso dotacional sen previo aviso”, sinalan fontes da Plataforma, que coñeceron pola prensa a intención de situar alí o Vigo Arena.

Integrada por 750 persoas e por quince asociacións, presionan pola conservación dun espazo que actualmente está en mans privadas. “Na ficha do PXOM recolle que se deben respectar as masas arbóreas, pero como nos dixeron na oficina da Valedora, esto é incompatible co uso dotacional, tamén sinalaron que en Vigo hai espazo dotacional dabondo sen desenvolver”.

O colectivo permanece agora a espera da resolución, xa que quedaron en contactar tanto co Concello como coa Consellería.

Contenido patrocinado

stats