Alexandra Fernández: "Nun mitin dinme conta de que a posibilidade dun cambio é real, e caíronme as bágoas"
Alexandra Fernández (Vigo, 1988) foi deputada nas Cortes Generales por Pontevedra entre os anos 2016 e 2019, mentres pertencía a coalición En Marea. Ágora no BNG ocupa posto de deputada no Parlamento Galego, o que opta de novo como número tres provincial. Foi inicialmente militante de Anova-Irmandade Nacionalista e participou no proceso de construción do movemento Marea de Vigo.
As enquisas abren a posibilidade de que o BNG poida conseguir un cambio de goberno. Como o ven?
As tomamos como o que son, unha foto fixa. O que temos que ver é que a tendencia do PP é a baixa, mentres a do BNG está o alza. Temos a candidata mellor valorada, que é Ana Pontón, e pinta que se abre un escenario máis que interesante onde está todo moi aberto. Creo que temos unha oportunidade histórica para conseguir un cambio na comunidade.
O ven necesario ese cambio?
É fundamental. Foron 15 anos dun desmantelamento industrial en Vigo e dos servizos públicos para ir ás mans privadas. Está o sentir de que a maioría dos galegos queremos un cambio e esquecer estes anos nefastos e grises do Partido Popular.
En materia de vivenda, que propón o BNG?
Nós entendemos que é necesario abordar o problema a través da limitación dos prezos nos mercados tensionados, e claramente en Vigo hai zonas que o están.
Seis escanos na provincia nas últimas eleccións. Onde está o tope agora?
Nas últimas, o PP conseguiu o último deputado por menos de cen votos, e agora vaino ter máis difícil porque están a baixa, mentres nos subimos. Creo que temos a oportunidade de dar un salto cualitativo e que a partir do 19 de febreiro afrontar os problemas de Galicia lastrados dende fai 15 anos polo abandono do Partido Popular.
Tivo un paso por Anova e agora no BNG. Como viviu ese troco?
Souben que o BNG era o único proxecto político sólido para Galicia. Vimos iso mesmo cando entrou Anova con nós e nos deu moito ánimos para lograr a presidencia. Foi unha moi boa nova, deu moitos folgos.
Como vive Alexandra Fernández as campañas electorais?
Tes o tempo moi limitado, e non vou ter ningún oco para o ocio. O único que teña libre será para dedicarlle a miña filla, que ten un ano, e obviamente é moi difícil conciliar a vida laboral cun bebé. Pero tamén a vivo con entusiasmo. Nun mitin que fixemos hai poucos días, houbo un momento no que se me caían as bágoas, e iso foi porque estaba a sentir diante de todos que era una posibilidade real. Hai xente pasando situacións realmente malas, con recorte no sector público, e sabemos que poder poñerlle freo a eses problemas, non vexo o momento para poñerme en marcha.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último