' Alegacions canteira granitos aldan Beluso (Bueu)'
Luita Verde presentou hoxe a rexistro do Portelo Único, no Concello de Bueu
Escrito dirixido ó director xeral de Industria, Enerxía e Minas pertencente á
Consellería de Economía e Industria, coas alegacións ó proxecto de explotación,
estudo de impacto ambiental e plan de restauración da consesión derivada dun
permiso de investigación para unha cuadrícula mineira, promovido pola empresa
Granitos Aldán SA, na zona do Monte Novo, da parroquia de Beluso, concello de
Bueu:
Que estando a información pública o proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración da concesión derivada do permiso de investigación Amaro 2862 para unha cuadrícula mineira Amaro fracción 2ª 2862.2 da provincia de Pontevedra e promovido por Granitos Aldán, S.A., formula as seguintes ALEGACIÓNS:
As memorias do estudio de impacto ambiental (EIA) erran no seu principio cando din que o proxecto está situado no contorno de Borradillo (se supón que tamén erróneamente se refire ao Borrallido) e Tomada de Martínez, senón que está ubicado no Monte Novo, da parroquia de Beluso.
O proxecto está situado dentro de solo non urbanizable de proteción forestal dentro das NN SS de Planeamento do Concello de Bueu.
Tendo en conta que o proxecto está situado en solo rústico de especial proteción e que non está aprobado o Plan Sectorial de incidencia supramunicipal de actividades extractivas de acordo coa Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, contemplada na disposición transitoria duodécima da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación Urbanística e Proteción do Medio Rural de Galicia, non pode ser tramitado nin autorizado.
Baixo un proxecto de investigación preténdese realizar un de explotación, que para intentar dar entender que reduce o impacto ambiental se presenta como fronte de explotación e de unha sola cuadrícula, obviando que existe xa un enorme impacto ambiental en global polos arredores, con extracións no pasado nas zonas de San Amaro, Peralta e actualmente nos montes de Gandón cara ás inmediacións do monte Borrallido, con afeccións graves e irreversibles á paisaxe e no medio natural e socio-cultural.
A zona do proxecto está a menos de 500 metros do LIC de Cabo Udra, pertencente á Rede Natura, dentro do que pasa por formar parte da súa área natural tampón e de corredor verde.
O EIA desvaloriza premeditadamente o medio natural onde se pretende levar a cabo o proxecto, dicindo que xa está adaptado ó medio humano, para despóis xustificar coa fronte de explotación a destrución total de capa superficial vexetal e a litolóxica en profundidade; e despóis a xeneración dunha escombreira permanente en terreo a desnivel a escasos metros do río Nocedo e dun afluente, para a que, impacto a maiores, proxecta utilizar como fixación e pantalla vexetal especies árboreas de rápido crecemento foráneas e invasoras como o eucalipto, incidindo máis na eucaliptización actual do lugar e arredores. Nos cumios da área afectada pola fronte de explotación faría desaparecer penedos con grande presenza de rochas graníticas montadas con pías e cacholas, rodeadas de carballos, máis a forte presenza de liques, briófitas, plantas vasculares colonizadoras do medio rochoso e fungos, formando un conxunto de grande interese natural, xeolóxico e paisaxístico.
Destruirá zonas hidromorfas de auga de escorrentía alterando o balance hídrico e causará a máis que probable turbidez por verquidos das augas do río Nocedo, que desemboca trala praia de Reventón na ría de Aldán dentro do LIC de Cabo Udra, en plena Rede Natura.
Con respecto á fauna o EIA ecoñece a afección a 45 especies de interese especial dentro Catálogo Estatal de Especies Amenazadas: 5 especies de anfibios, 10 especies de reptiles, 27 especies de aves, 3 especies de mamíferos.
7) O estudo arqueolóxico é de puro trámite xa que o traballo de campo foi feito nun día e para darlle ó final a bendición sin máis ó proxecto. Non tivo en conta a gran cantidade de xacementos e de distintas fases cronográficas históricas que existen polos arredores, onde en tan só 2 kilómetros á redonda, existen os xacementos neolítico-calcolítico de A Cunchosa (GA36008022); os calcolíticos do Achado do Monte Borrallido (GA36008A03) e asentamentos de O Curral (GA36008027) e Abrigos de Santo Amaro (GA36008022); os petroglifos de Bon de Arriba (GA36004008) e Bon de Abaixo (GA36004023), da Idade de Bronce; e o Castro de Bon de Arriba (GA36004002), da Idade de Ferro, polo que, debería ter un estudo máis serio e en previsión da posibilidade de novos achádegos dentro da propia área afectada polo proxecto.
8) Son 35754 m2 de fronte de explotación, 25.027 m2 de escombreira, 2474 de instalacións auxiliares, 1591 m2 de acopios de terra vexetal e 2682 m2 de pistas para unha actividade que o EIA recoñece un impacto xeral negativo pola actividade a realizar na zona obxecto do proxecto, con 2 impactos críticos (xeomorfoloxía e fauna), 2 severos (solo/edafoloxía e vexetación) e 6 moderados (pó, ruído, usos do solo, paisaxe, augas superficiais/rede fluvial e augas superficiais/calidade).
9) O EIA basea a xustificación do proxecto no apartado económico, cando a xeneración dos postos de emprego serán poucos e temporais mentras dure a actividade extractiva e nunca suplirán os tradicionais e permanentes da agro-gandería e forestal, que ademáis se verán seriamente afectados pola destrución do medio natural de onde se vale como fonte de recursos.
10) Existen 2 núcleos de poboación (Bon de Arriba e Bon de Abaixo) a menos de 2 kilómetros da zona do proxecto, polo cal incumpriría como Actividade Perigosa o RAMINP, na actualidade substituído polo Decreto 133/2008, de 12 de xuño, de evaluación de incidencia ambiental de Galicia.
Por todo o alegado;
SOLICITA:
O informe desfavorable do estudo de impacto ambiental e plan de restauración da concesión derivada do permiso de investigación Amaro 2862 para unha cuadrícula mineira Amaro fracción 2ª 2862.2 da provincia de Pontevedra e promovido por Granitos Aldán, S.A. e a nulidade e retirada do proxecto de explotación.
En Bueu a 2 de decembro de 2009
Asdo.
Ángel Bernardo Tahoces
Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Edificios Administrativos San Caetano, s/n-15704 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas