Unha alborada para os 150 anos de Cantares Gallegos
A Universidade de Vigo participa na organización dos actos da efeméride, que se espallará por toda Galicia.
Centos de gaiteiros interpretarán 'Alborada a Rosalía' por toda a xeografía de Galicia para inaugurar o próximo 24 de febreiro os actos de conmemoración do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, obra que inaugurou a literatura galega contemporánea.
A Asociación de Gaiteiros Galegos, a Fundación Rosalía de Castro, a Real Academia Galega (RAG) e a Universidade de Vigo organizaron un programa de actividades que se iniciará nesa data cun chamamento a todos os gaiteiros da comunidade autónoma a que saian ás rúas, camiños, prazas ou lugares simbólicos para interpretar unha peza en memoria a Rosalía. A través da web 'rosaliadecastro.org' poderán mesmo consultar un mapa no que poderán ir situando lugares de encontro para a homenaxe, e onde ademais terán á súa disposición o manifesto, a letra e a partitura de 'Alborada', xunto coa posibilidade de compartir videos a través das redes sociais.
O presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, explicou que realizarán unha ofrenda floral ao pe do monumento situado na Praza de Vigo, en Santiago de Compostela, para despois (ás 12.00 horas) desprazarse á Casa de Rosalía de Padrón. Alí terá lugar un acto institucional que contará coa presenza autoridades culturais, sociais e políticas para recitar a autora. Durante todo este ano celebraranse, así, diferentes actividades como exposicións ou concertos nas que participarán outras institucións, como a Asociación de Escritores en Lingua Galega ou o Consello da Cultura Galega.
O vicerrector de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, Xosé Henrique Costas, considerou 'un orgullo e un pracer' colaborar na conmemoración do libro 'fundacional' do sistema nacional literario de Galicia, celebrando actos en colexios con proxeccións e coa tradución de Rosalía a 50 idiomas.
Entre outras actividades, contarán coa colaboración do coro universitario e coordinarán aos gaiteiros de Vigo para situalos en puntos estratéxicos e lograr que 'Alborada' teña 'presenza absoluta' na cidade.
Por último, o presidente da Fundación avanzou que a súa 'ilusión' é que se poida reinaugurar a Casa de Rosalía no mes de decembro de 2013, onde se están a realizar obras de mellora. n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último