Adriana Cores: “Queremos que os temas soen ben, xa non fago o primeiro que me saia”
"A min sempre me gustou a idea de ser artista. Nos concertos me imaxinaba cantando", recoñece Adriana Cores, vocalista de Lontreira
Adriana Cores forma con Héctor Rodríguez e Iván Barral a banda Lontreira. Veciños da Illa de Arousa y do Morrazo coñecéronse en Churruca y alí volven hoxe cun concerto en La Fábrica.
Chegan con dous temas recén estreados, “Con la mia ombra” y “Tanta xente na praia”. Como é Lontreira despois do primeiro disco, “Desde Apnea”?
Dámoslle máis voltas aos temas, están máis elaborados. Buscamos que soen ben, xa non fago o primeiro que me saia. Hai unha versión inicial e despois escoitámola varias veces, modificándoa.
Formarán parte dun novo disco?
Posiblemente formará parte do novo álbum que sairá máis cedo que tarde. Podemos dicir que estos dous temas definen o que vai ser o noso novo son.
Cal é a función de cada un na composición?
Héctor é a base de todo. Quedamos e poñémonos a facer a música de fondo. Comezamos coa idea, por exemplo, se queremos facer unha canción de aerobic, empezamos cun bit e traballamos sobre iso. Eu encárgome da melodía e da letra. Logo Iván pon a guitarra.
A súa historia como grupo está ligada a esta cidade e a Churruca. Como chegaron a unirse para compartir banda musical?
Héctor e eu coñecémonos en Churruca, coincidíamos no local Radio. Eu acostumaba saír por alí cunha amiga e como non temos vergoña, falabamos con todo o mundo. Sempre me gustou cantar e el tiña un proxecto musical. A primeira letra fixémola entre os dous e logo fun sentindo máis liberdade creativa. Todo foi una evolución ata chegar onde estamos.
Que supuxo para Lontreia “Corazón de toxo”?
Foi cando nos empezou a coñecer a xente. Ao gañar o concurso da canción do verán soábamos todo o día na TVG. Eu vivo en Arousa e a prensa local volcouse, despois difundiuse por redes e o boca a boca tamén fixo moito. En Moaña aconteceu o mesmo.
Esta noite va a actuar nunha sala na que acostumaban ser público. Como se leva ese cambio de rol?
É raro. A min sempre me gustou a idea de ser artista. Nos concertos me imaxinaba cantando. Dicía “eso pode facelo eu”. E agora estou aquí. É como un soño, pero no tan romántico como pensaba. No primeiro concerto estaba moi nerviosa, fíxeno fatal. Pero co tempo funme afacendo e preparando a actuación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar