O adeús vigués a Dorotea Bárcena
vigo
A actriz vivíu e traballou na cidade máis dunha década, onde foi nomeada Viguesa Distinguida en 1995 e onde amigos e compañeiros de profesión lémbrana con agarimo
A perda de Dorotea Bárcena é sentida en toda Galicia, pero tamén en Vigo, onde deixou a súa pegada no ensino e no teatro.
A actriz e directora, que finou na madrugada de onte aos 72 anos, chegou á cidade, de onde era a súa familia paterna. Veciña de O Calvario, comezou a traballar en Jesuitas en 1964, dando clase aos nenos de oito anos. “Foi unha das primeiras mulleres en formar parte do claustro”, lembra Ana Rodríguez Egido, compañeira e amiga. Aínda que levaba máis dun ano sen falar con ela, mantíñan o contacto: “Era unha persoa moi noble, das que se pode fíar un”. Das súa afeccións, recorda a súa paixón polos animais e polos libros “ sempre compraba tebeos”, apunta. Recoñece que viviron xuntas un montón de anécdotas, aínda que prefire mantelas para ela. Asemade destaca o espíritu libre que sempre a acompañou: “Un día decidíu deixalo todo e marchar para Madrid a facer teatro”. Compartíu a súa vida sentimental e profesional con Xulio Lago, con quen tivo dous fillos. Nos peores momentos da parella quedou patente o bo poso que deixaron na cidade. Tras ter un accidente de tráfico, compañeiros do colexio e do teatro fixeron unha recolecta para axudarlle.
Sobre os escenarios foi un referente para os actores galegos, entre eles, dous vigueses, Morris e Cándido Pazó, que empezaron entre bambalinas seguindo a estela deixada pola compañía Esperpento, fundada con Xulio Lago en 1970. “Iniciouse no teatro afeccionado, máis tarde chegarían os grupos profesionais; sempre me deu a sensación de que cando eu ía, ela xa viña de volta”, sinala Morris, que a clasifica na “rama auténtica que viví por e para o teatro; a súa falta é unha pena tremenda”. Como director teatral, Candido Pazó asegura que non só é unha falta emotiva “tamén se notará no catálogo profesional, xa que as actrices de máis de 60 anos escasean; son como as perlas do noso teatro e acabamos de perder unha”, conclúe.
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) remitíu un comunicado manifestando “o pesar polo falecemento dun referente artístico e persoal tanto para as súa xeración, (...) como para os que viñeron despois”. Dorotea Bárcena foi a primeira muller en dirixir o Centro Dramático Galego, aínda que a popularidade mediática chegaríalle no show dos Tonechos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
visita del papa a españa
El papa León XIV apela en su visita a Madrid a dejar de lado la polarización y la división