Abel Caballero critica o modelo de asociacionismo da Xunta

O presidente do PSdG-PSOE de Vigo reivindicou nun acto co tecido asociativo da cidade o modelo municipal

Abel Caballero, na foto de familia con membros do tecido asociacionista da cidade.
Abel Caballero, na foto de familia con membros do tecido asociacionista da cidade.

O presidente do PSdeG-PSOE en Vigo, Abel Caballero, reivindicou nun acto coa Asociación de Veciños da Miñoca a actividade que desenvolve o tecido asociativo de Vigo no seu ámbito. Caballero criticou o modelo de asociacionismo da Xunta e do Partido Popular de xuntar “a todas as entidades nun edificio que teñen baleiro na rúa Lalín”: “Como van ir reunirse ou organizar actividades, por exemplo, os veciños e veciñas de Oia, ata Praza América todos os días? O mundo ao revés, piden que as asociacións se adapten a eles”, lamentou na súa intervención.

Acompañado por membros da candidatura e de directivos de múltiples asociacións veciñais da cidade, louvou o modelo municipal “que traballa na cooperación coas asociacións in situ”, co apoio económico para dotacións e pago dos gastos, así como a mellora de infraestruturas e creación de novas, “como aparece no Plan Xeral de Ordenación Municipal”, entre elas, a ampliación do CRAC de Coruxo, escolas de música en Oia e Bembrive, pavillóns deportivos en Beade e Zamáns, novas instalacións deportivas en todas as parroquias, rehabilitación de edificios industriais para dotecións, centro de maiores en Navia ou o Vigo Arena, como lembrou Caballero.

Segundo a opinión do presidente dos socialistas de Vigo, “o Partido Popular non cre no territorio nin nas parroquias” e afirmou neste acto que desde o partido socialista “seguiremos a potenciar os lugares de encontro nas parroquias”.

Contenido patrocinado

stats