300 sanitarios se forman en emerxencia cardiovascular
vigo
Un total de 324 profesionais de 24 centros de saúde da EOXI deVigo, participarán no programa Redcasa (Rede de Capacitación Sanitaria) da Consellería de Sanidade, que ven de iniciarse nesta área sanitaria.
Son 146 médicos de familia, 30 pediatras e 148 profesionais de enfermaría os que recibirán formación específica a través deste programa. O programa, impartido en Vigo por un total de 32 instrutores, está dirixido a aumentar a seguridade do paciente por medio do adestramento dos equipos de profesionais sanitarios empregando técnicas de simulación avanzada, co foco posto na emerxencia cardiovascular. É un proxecto impulsado por Acis (Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde) e organizado pola área de Vigo. Redcasa céntrase neste primeiro ano de implantación no persoal sanitario de Atención Primaria, que exerce a súa profesión en moitas ocasións de forma illada, lonxe de centros de referencia e, en ocasións, fóra do alcance dos recursos avanzados do sistema de emerxencias (FPUSG-061).
Os obxectivos son: recoñecer o síntomas inminentes de parada cardiorespiratoria; coñecer os mecanismos de alerta ao sistema de emerxencias médicas; organizarse adecuadamente en caso dunha parada cardiorespiratoria; realizar manobras de RCP de calidade obxectivable; coñecer e manexar correctamente os recursos.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último