“Vimbio naceu coas ganas de explorar sons novos e saír do que facía antes”
Álex Arnoso e Jacobo Castro, da banda de rap metal, visitan Atlántico para presentar o novo disco e a xira 2025 que chega a Vigo o 18 de abril
Vimbio forma parte da nova cara da escena metal galega, comandada por Álex Arnoso, coñecido polo seu protagonismo en SonDaRúa. O grupo conxuga o rap co metal da década dos 90 e dos 2000. Presentan álbum e o 18 de abril actuarán en Vigo, na Sala Kominsky.
Rematáchedes 2025 con novo single e neste 2026 presentades disco e xira. Qué momento vive Vimbio neste intre?
Álex Arnoso: Personalmente estou moi contento e disfrutando moito do proceso. Vimos de Son da Rúa, dunha banda cun estilo diferente, e tiña ganas de explorar novas cousas. É a miña primeira experiencia deste estilo, con banda, batería, guitarras… Estou moi contento coas cancións que están saíndo e co bo son que estamos conseguindo; creo que estamos na boa dirección. Estamos a sacar singles adiante do que vai ser o noso primeiro disco e co lanzamento de Seres de Luz todo vai a bo ritmo.
Definides o estilo da banda como rap metal. Seguides mantendo esa etiqueta?
Jacobo Castro: Pois mira, a etiqueta de rap metal define un pouco como comezamos. Eu coñecía a Gael e a Hugo, somos colegas que vivimos no mesmo pobo, en Ponteareas, e eu viña facendo metal. Gustábame a idea de probar algo do que facía antes e colaborar con alguén rapeando. Hai moitos grupos doutros estilos que nos gustaban, pero segundo fomos escribindo cancións, vimos que a etiqueta queda un pouco curta. Hai cancións máis punk, máis hardcore e incluso algunhas con ritmos de reggaetón. Agora mesmo non sei se a etiqueta de rap metal abarca todo o que estamos facendo.
Optades por experimentar, entón…
Álex Arnoso: Sí, bastante. Podemos dicir que dentro do paraguas do rap metal estamos, pero quizais só o 50%. As outras cousas son rock duro, rock metal con rap en varios momentos, e algunhas incluso sen rap. Ao final, gustános explorar...
Neste single, Seres de Luz, que pode esperar o público antes de darlle a reproducir a canción?
Álex Arnoso: O videoclip é curioso e arriscado, tanto estéticamente como conceptualmente. A idea non foi nosa, realmente foi un pouco un homenaxe a un dos grandes.
Jacobo Castro: O tema é 100% rap metal. Pode lembrar a Linkin Park ou Korn. O videoclip copia un pouco o concepto dun videoclip de Limp Bizkit do seu último disco: unha serie de imaxes sen moita narrativa. Tendo pouco tempo, pensamos en algo semellante, que non levase moito traballo pero que quedase simpático. Ao final, acabou sendo gracioso.
A hora de elaborar as letras, que temática escolledes? É social, política…?
Álex Arnoso: Sí, bastante, pero non nos encasillamos. Na miña etapa anterior en Son da Rúa abusabamos destas temáticas. Agora queremos falar doutras cousas tamén, sen renunciar ao social ou político cando nos apetece. O último tema que sacamos con Hugo é máis político e crítico, pero nas primeiras cancións de Vimbio a intención era cambiar de son e temática.
Jacobo Castro: E tamén dende outra perspectiva, máis relaxada. Por exemplo, temos unha canción que vai saír co disco que tamén é social, pero menos enérxica, menos de protesta e cun ton máis xocoso.
E para os concertos da xira, que espectáculo tedes pensado?
Álex Arnoso: Queremos profesionalizar o show. Comezamos a tocar con cascos e claqueta, con secuencias lanzadas por partes, sobre todo nas intros electrónicas. Intentamos estruturalo como bloques, con poucos silencios, case como unha obra de teatro: cando hai un parón, que teña sentido. Antes, como en moitas bandas, tocabas unha canción e parabas; nós queremos outro tipo de dinámica. Cada bloque estudámolo e ensaiámolo para que funcione ben.
Como respostan os fans as novas cancións?
Álex Arnoso: Estou moi contento. Partimos practicamente de cero, así que o crecemento é pequeno pero constante. Cada canción está xerando máis feedback e a xente parece que lle gusta bastante.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último