Verónica Barbero: “Imos estar nas municipais e nas autonómicas”

“Nós sempre apostamos polos espazos máis amplos á esquerda; cantos máis, mellor. Sabemos ao que nos enfrentamos”, di a portavoz parlamentaria de Sumar

Verónica Martínez Barbero, en Atlántico.
Verónica Martínez Barbero, en Atlántico. | Vicente Alonso

Verónica Martínez Barbero, portavoz do grupo parlamentario de Sumar e presidenta de Sumar Galicia, prepara estes meses a aterraxe deste partido en Galicia de cara ás vindeiras eleccións.

Dous anos de goberno de coalición. Satisfeita coas medidas impulsadas?

Fomos capaces de subir o salario mínimo e deixalo exento de retencións de IRPF, de sacar adiante os permisos de coidado de nacemento, de sacar adiante a lei ELA que levaba 4 anos agardando a ver a luz e a regularización de centos de miles persoas migrantes. Así que orgullosa, pero sabendo que queda moito por facer como a vivenda, que para nós é moi importante.

Agotarán a lexislatura?

Niso estamos e niso está o socio de goberno. Porque non queremos resistir, senón avanzar en dereitos. E isto mesmo é a baza para poder confrontar a dereita e a extrema dereita.

O clima actual no Congreso dificulta aprobar novas leis.

Nós vimos dunha cultura política que se basea na negociación, por iso somos quen de ter gobernos de coalición estables que discutan, pero que acorden. Un escenario normal en política é ter que negociar con xente de todo o espectro, e nós non o afrontamos con medo.

Que esperan poder aprobar ata a fin da lexislatura?

Unha prestación universal por crianza e medidas para prorrogar os contratos de aluguer que rematan para evitar que suban os prezos entre un 20 e un 50%, calculamos que podería afectar a 600.000 hogares.

Cal é a postura de Sumar sobre unha candidatura unitaria de esquerdas nas próximas eleccións xerais?

Nós sempre apostamos polos espazos más amplos á esquerda. Sabemos ao que nos enfrentamos e en que contexto estatal estamos. Nós a facer de España un dos estados máis asentados economica e socialmente e iso é polas políticas que facemos. Iso lógrase pensando nas esquerdas de modo amplio. Cantas máis, mellor.

Pasando a Galicia, que opina do actual Goberno autonómico?

Vexo unha parálise e á sociedade cada vez máis mobilizada en contra dunhas non políticas que o que fan é privatizar. Os bos datos que ten Galicia veñen das políticas de Yolanda Díaz no Estado. O maior problema en Galicia é a vivenda. E a nosa opinión sobre as súas políticas de vivenda é tan tremenda que estamos promovendo unha iniciativa lexislativa popular para afrontar este problema sen estar sequera nas institucións.

Que medidas propón para afrontar este problema da vivenda en Galicia?

Primeiro, prorrogar os contratos de aluguer. E unha medida que sería máis ambiciosa é limitar os prezos do alugueiro tendo en conta a referencia dos salarios que cobra a xente. O que internacionalmente se recomenda é que non se invirta máis dun terzo do salario en aluguer. Tamén impulsar máis prazas públicas en residencias de estudantes.

Sumar ten máis a vista posta nas municipais de 2027 ou nas autonómicas de 2028?

Nós imos estar onde os galegos nos necesiten, en todas as institucións. Imos estar nas municipais. Onde hai espazos xa municipalistas, imos estar apoiando e ampliando as posibilidades destes espazos e onde non os hai, estaremos para impulsalos e conformalos. E por suposto, estaremos nas autonómicas porque Sumar é esencial para o cambio.

Contenido patrocinado

stats