Uxío González: “A situación deste ano lembra a 2017, pero por sorte hai menos aire e moita máis humidade”

"Estase desperdiciando moita auga cada noite dos manantiais dos montes de Beade e Bembrive, vai parar toda á Ría", sinala o presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo

Uxío González: “A situación deste ano lembra a 2017, pero por sorte hai menos aire e moita máis humidade” | Gonzalo Pamies

Montes de Vigo cumpliu 30 anos e, mirando cara ao futuro, creou unha fundación para coidar da masa forestal da cidade e buscarlle os apoios que precisa. O seu presidente, Uxío González, detalla esta iniciativa.

Este verán crearon a Fundación Montes de Vigo 2047. En qué consiste esta nova iniciativa?

Este ano celebramos o 30 aniversario da constitución da Mancomunidade e vimos que temos que impulsar máis o coidado dos montes. Nós entendemos que as administracións públicas non están prestando suficiente atención aos montes periurbanos de Vigo, os máis importantes de Galicia, que ademais son xunto a Ría de Vigo os valores máis importantes que temos na cidade. Non se está atendendo ao uso social que ten do monte. Desde a pandemia, o uso do monte é bestial. Os parques forestais están usando máis de duascientas mil personas o ano. E nos entendemos que merecen outro tipo de actividade. A fundación é para abrir a porta á empresa privada para que poida colaborar no mantenimento dos montes.

Que tipo de iniciativas pensan impulsar através desta fundación?

Os montes vigueses aportan casi 12% da agua que se consume na cidade. E, por certo, neste momento de sequía, se está desperdiciando moita agua. Os manantiais que venen dos montes de Beade e Bembrive, a partir das dez da noite, que se deixa de consumir auga na cidade, os manantiais van directamente á ría e son moitos metros cúbicos de agua que se están desperdiciando, polo que queremos impulsar algo que nos axude a deixar de facelo. E no tema do uso recreativo dos montes, pois, nós estamos dispostos a ceder os montes para ese uso, pero evidentemente hai que colaborar no mantemento, necesitamos a colaboración de todo o mundo.

Sobre todo das institucións, non?

Si, nos estamos realmente preocupados, porque creemos que na confrontación que está habendo entre o Concello e a Xunta creo que nós somos os máis perxudicados, posto que, seguimos sen poder facer a senda verde e bótanse as culpas os uns aos outros. E como siguen coa confrontación, chegamos á conclusión que lles beneficia a ambos. Igual que no seu día pasaba na Coruña entre Paco Vázquez e Manuel Fraga. E cremos que xa basta. O CIS do outro día falaba de que o 98% dos españoles están preocupados polos incendios forestais e o 80% dice que hai que tomar medidas xa. Os lumes deste ano de Ávila e Madrid queimaron máis de 50.000 hectáreas e no de Almería, aínda que non foi tan grande, morreron 14 persoas. Hai algo que non estamos facendo e que temos que empezar a facer.

Como é a preocupación este ano polos incendios? Porque a situación semella moito á de 2017…

Lembra moito a ese ano, si. A verdade é que afortunadamente cremos que grazas á falta de aire e á humedade relativamente alta nos estamos librando de cousas como o que pasou en 2017, pero isto non quere dicir que en calquer momento non poida pasar. Parece que este ano ímonos librar, pero efectivamente non estamos mellor que no 2017. En realidade, nós consideramos e os técnicos consideran que se está peor que o 2017 porque temos moita máis biomasa, moita máis maleza no monte, sobre todo nas propiedades privadas que é onde non se está actuando e onde realmente é estado peligro porque están pegadas ás vivendas. Entre Saiáns e Teis temos miles de vivendas, institutos, pavillóns deportivos, naves industrais… pegadas ao monte. Moitísima xente está en risco e non estamos actuando correctamente.

Que fan dende a Mancomunidade en materia de prevención?

Estamos poñendo en marcha unhas charlas polas parroquias dirigidas a autoprotección das vivendas porque moitas veces dentro das nosas propias vivendas temos moito que facer para evitar que as faíscas que veñen voando un incendio nos perxudiquen, por exemplo. Pero tamén teñen moito que facer as administracións como o Concello, onde acabamos de presentar un escrito pedindo que nos presupostos do 2027 se inclúan partidas destinadas a facer plans de prevención e evacuación das parroquias porque a xente non sabe que facer. O exemplo da Almería foi claro: a xente meteuse no coche e marchou. É un pouco contradictório ter unha vivenda cunha piscina chea de agua e meterse nun coche e marchar. O problema é a falta de formación.

Sobre as fincas con maleza que se pode facer?

As agrupacións forestais de xestión conxunta. Nós puxemos en marcha unha e levamos tres anos con ela. É un traballo ingrato porque botamos moitísimos meses buscando e localizando aos propietarios. Por iso é necesario axilizar estes procesos e dotar ás agrupacións de máis medios para poder facer este traballo. Nós estamos dispostos, pero fai falta un apoio decidido.

Contenido patrocinado

stats