Sandra Fernández: “Moitos dos nenos de ‘Son das Flores’ xa pensan en ser músicos de maiores”

Directora do proxecto musical ‘Son das Flores’

Sandra Fernández: “Moitos dos nenos de ‘Son das Flores’ xa pensan en ser músicos de maiores” | Gonzalo Pamies

‘Son das Flores’ naceu no CEIP Vicente Risco da man de Sandra Fernández. Sen obxectivos, só para darlle son á multicultura do barrio de Teis con instrumentos de corda frotada. Actúa o próximo 29 de xaneiro ‘na casa’, no auditorio de Teis polo Día da Paz, con unha canción tradicional de Gaza ou cantigas en ucraniano. Empezou con moi poucos recursos e agora teñen 70 alumnos, 17 nacionalidades distintas e 16 profesores involucrados. Incluso unha educadora social. 

Como nace o proxecto?

 ‘Son das Flores’ nace no Vicente Risco, un cole moi pequeniño. Temos unhas características peculiares, un contexto socioeconómico complexo e moita diversidade cultural. Somos máis de vinte nacionalidades. E aí xurde a idea de montar unha actividade, de facer unha orquestra tomando como referencia o sistema venezolano de Abreu, con coros infantís. Foi inicialmente unha actividade extraescolar. 

 Nese momento, ningún dos alumnos sabía tocar un instrumento. 

 Obviamente tiñan coñecementos limitados da música. O principio non tiñamos instrumentos, fixémolos de cartón. Violas, violíns, contrabaixos… e iso axudaba a integración das familias. Era unha forma de interactuar e iso foi hai cinco anos. No curso 21-22. 

A orquestra foi crecendo ata conquistar o plató televisivo de ‘Got Talent’, como foi a experiencia?

Chegou no segundo curso. A través de pequenos concertos empezouse a visibilizar e comezamos a recibir doazóns de instrumentos de particulares. Non tiñamos cartos nese momento. Plantexámonos nese momento seguir ou non, porque tiñamos que ter algo de financiamento, pero os nenos o demandaban. E decidimos seguir outro ano. Un ano con moitísimas sorpresas. De maneira casual, recibimos un correo da xente do casting de ‘Got Talent’ onde invitábanos a participar. Coñecéronos polas redes. Pero nos aínda non fixéramos nada, só algún concerto moi pequeno. Tardei en contestar tres días, pensei que era unha broma, e comezamos a facer varios casting online. E así ata que nos dixeron que tíñamos que ir a Madrid. Primeiro non sabíamos se íamos ir, porque non tiñamos diñeiro para costear o viaxe, pero con axudas do Concello puidemos ir. 

Ese foi o punto de inflexión do proxecto. A partir de aí, colleu moita fama. 

Todos os nenos queren entrar en ‘Son das Flores’. A orquestra inicialmente está enfocada aos nenos de Primaria. Empezaron 40 e pico e xa vamos por 70. E os que non iban primeiro era porque lles custaba conciliar ás familias por distintos motivos. Non se fai selección, todos os nenos que queiran poden participar. E agora nenos que están no instituto seguen a vir. Non queren deixar a orquestra porque poden tocar en escenarios que nunca poderían imaxinar. Ir a ‘Got Talent’, por exemplo, foi un soño feito realidade para eles. 

Hai algún neno que xa diga que de maior quere ser músico?

É importante que a música os acompañe neste momento da súa vida. É fantástico para o seu desenvolvemento como persoas. Moitos xa pensan ser músicos ou profes de música de maiores. Quén sabe se no día de maña pode ser unha saída profesional? Xa temos a nenos que están no Conservatorio e xurdiron xa convenios de colaboración. Mayeusis, por exemplo, xa nos becou algún neno para facer os cursos oficiais. 

Ven un ano 2026 cargado de concertos?

Xa empezou forte cun concerto na Cidade da Xustiza. E o 29 no auditorio de Teis se verá un pouco a evolución do curso. É un concerto moi emotivo porque os nenos se sinten moi identificados.

Contenido patrocinado

stats