Ramón Veiga: “Mesturo realidade e ficción sobre a historia dos monumentos da cidade”
Escritor, o xoves chega as librarías a súa obra “Vigo Pequeno”
O próximo xoves chega as librarías “Vigo pequeno” o último libro do escritor Ramón Veiga, ferrolán de nacemento e vigués de acollida dende hai cinco lustros. A obra é unha guía para nenas e nenos sobre os principais monumentos e historia da cidade.
Como xorde a idea de transformar a cidade nunha lingüaxe adicada á rapazada?
Eu estou afeito a escribir para os nenos, porque casi todos os meus libros están dedicados aos nenos e as nenas. E a idea de facer unha guía de Vigo para os máis pequenos, xorde porque eu non son de aquí, eu son de Fene, de Ferroelterra, pero levo vivindo en Vigo 26 anos. Creo que xa a coñezco un pouco, xa casi vivín máis tempo en Vigo que noutros sitios. Era unha forma de agradecemento á cidade, o ben que me tratou dende que cheguei e o ben a gusto que me sinto aquí. E como son autor para os máis novos, dixen, “por que non facer un percorrido pola cidade?” Creo que velo debuxado coas ilustraciones de Rubén González de Ultramarinos Deseño Galego, cunhas historias moi pequeniñas que creei, nas que mesturo ficción e realidade, creo que dá un punto máis. Conto un pouco da historia do monumento, da personaxe que sae, pero tamén invento unha historia, porque penso que a realidade xa a podes ler na Wikipedia.
Para que idades poderíamos falar que está recomendado o libro?
Eu creo que a partir de seis anos, a partir de que saiban ler, que teñen autonomía para a lectura. Tamén o poden contar os pais, que son historias moi breves, de dúas páxinas cada unha. Pero si, a partir de seis, sete, oito, anos, de ahí para arriba. Eu sempre digo que a literatura infantil serve para todos os públicos, tamén para os adultos.
E hai cosas que saen no libro que igual non é moi coñecido...
Non profundicei en absoluto en ninguna. Pero, quero dicir, temos un castelo de San Sebastián que está practicamente oculto polo Concello, no que igual se non pasas por ahí tampouco o coñeces aquí. Por eso falo dun castelo fantasma, de que aparece e desaparece según se pasas por diante e te fixas ou non.
Fala do Halo como unha nave espacial…
Falo do Halo como unha nave espacial e hai máis extraterrestres no libro. A Porta de América, a mi sempre me pareceu unha porta dunha nave espacial, e ahí, por exemplo, falo dunha especie de reconquista nas Travesas, que vinieron os marcianos a conquistar Vigo, e os botaron os veciños das Travesas. Hai moito marciano no libro.
Como transmite o galego no libro?
A lingua eu creo que é bastante sinxela. Cando é un libro para os rapaces tes que facelo como se lles falases directamente. A non ser que queiras que aprendan unha palabra en concreto, ou unha expresión, pero eu creo que é unha lingua moi sinxela apta para todos os públicos, tamén para nenos non galegofalantes que son a imensa malloría.
Como foi o diálogo con Ruben González para as ilustracións?
Eu coñecía o traballo de Rubén, de Ultramarinos Deseño Galego, sempre me encantou. Supoño que todo vigués coñece o traballo porque hai láminas, bolsas, chapas... Sempre quixen traballar con él, propuxenlle este reto e gustoulle.
Haberá unha segunda parte con eses elementos que non puderon entrar pola limitación de espacio? E outras cidades?
A verdade é que eu tampouco sei. Sería interesante fazer outro porque o Vigo tem elementos que dan para outro libro. Encantaría facer tamén da Coruña, porque vivín allí, e de Ferrol porque nacín alí.
Hai algún acto de presentación preparado?
En principio non teño nada pensado pero é un libro que pode funcionar moi ben nos centros escolares. Eu visito moitos centros con outros libros que teño.
Algún proxecto novo a marxe de “Vigo Pequeno”?
Sempre estou traballando en moitas cousas. O máis centrado no que estou agora igual non se pode decir, pero bueno. Estou escribindo un libro de terror, para nenos. Tamén con moito humor porque tampouco quero traumatizar a ninguén.
Contenido patrocinado
También te puede interesar