Pedro Feijoo: "Escribir doe moito, é un compromiso permanente co lector que nos dá o seu tempo"
"É evidente que Carla Pérez Guerra inspírase nas maneiras de comunicar de Mar Sánchez Sierra", explicou o escritor
Pedro Feijoo (Vigo, 1975) volveu ao set de Atlántico TV cun flamante Premio Xerais de novela. Falou sobre “Ninguén contará a verdade”, o texto galardoado do que xa proxecta unha segunda parte, “quedoume moita cousa que contar”.
Aínda así quedou unha novela ben extensa e como moitos personaxes.
Foi complexa de abordar e supoño que de entrada tamén o é para o lector que se atopa con moitos nomes. Pasóuseme pola cabeza facelo máis sinxelo, pero no sería honesto. Se quero amosar un retrato da corrupción, non podo mostrar unha única perspectiva. Non só afecta ao armazón político, é unha lura xigante que toca todo. Quixen tomar unha foto de familia, logo xa se irá pechando o foco. A mafia é así. Dinlle mil voltas ao inicio.
Hai moitas referencias que resultan familiares. É coincidencia?
Calquera parecido coa realidade é absolutamente intencionado. Segundo me ía documentando tiña a sensación que a realidade era unha novela que se escribía soa. Non me interesaba centrarme nun so caso de corrupción, senón en como se comportaba toda a trama. Como escusa collo ao candidato que deixa o cargo no Xunta para postularse a unhas xerais, claramente inspirado en Núñez Feijóo, pero el dábame igual, non é máis que un pelello na historia. O que quería era reflexar quen o promove, quen está nas marxes da foto ou tan arriba que no se coñece.
Pero tamén hai alusións directas a eses que están na marxe. Recibiu algún toque?
Non. Sei que nalgúns casos se recoñecen quen están detrás, non o quixen esconder. É evidente que Carla Pérez Guerra inspírase nas maneiras de comunicar de Mar Sánchez Sierra. Son procedementos que os coñece todo o mundo dende hai tempo, ten un historial tan longo que podería ter unha novela ela soa. Hai situacións que mas contaron eles mesmos, sería absurdo negalo agora.
Sen ser unha novela negra como “Lume azul”, nesta hai aínda máis violencia.
Igual non hai tanta ‘casquería’, como digo, mato pouco para o moito que merecen, aínda así, non por elo é menos dura. En “Lume azul” o lector sempre tiña o refuxio de pensar que era terrible, pero que iso a el non lle acontecía. Aquí xa nos tocou cando non hai boa sanidade, cando hai recortes en educación, cando cobran unhas comisión altísimas por unha conta corrente. Fano amais cunha impunidade absoluta, poden chamar a alguén ‘hijo de puta’ e asegurar que o que dixeron foi ‘me gusta la fruta’. Paréceme terrible.
Hai once anos do seu debut na ficción con “Fillos do mar”. Como evoluíu como novelista?
Non o sei. Debería dicir que tento facelo mellor, pero se sobreentende. Sempre se nota presión. Co éxito de “Fillos do mar” e “Memoria da choiva” pensei que xa estaba todo feito, pero entón saquei “Morena, perigosa e románica” e a xente tiroume das orellas. Antes unha novela era un pretexto para contar outra historia, a partir de aí decateime que había que deixar a pel, con “Sen piedade” comecei a ter a sensación de que escribir doe moito. É un compromiso permanente co lector que nos dá o seu tempo e non hai nada máis valioso.
Tense liberado da novela negra?
Nunca tiven nin idea de que raio era o que facía, so me preocupaba contar unha historia que pagase a pena ser contada sen importa a etiqueta. Cos canons na man, esta era a que máis negra me parecía, pois seica que non
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último