Miguel Valverde: "Vigo é perfecto para o uso dos VMP, hai que ter convivencia cos coches"
"A partir do 2027 só va poder circular patinetes; o resto dos vehículos van quedar vedados", sinala o presidente da Asociación de usuarios de Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP)
Miguel Valverde é o presidente da Asociación de usuarios de Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP). Un colectivo que pelexa polo seu dereito a circular polas rúas viguesas e por ter máis facilidades á hora dos seus desprazamentos. De un modo seguro, sen por en risco a súa vida.
Un vehículo de mobilidade reducida non só son os patinetes eléctricos. Que máis inclúense?
Existen moitos. Está o monopatín eléctrico, os autoequilibrados e tamén os segway, que é o que utilizan os gardas de seguridade nos centros comerciais. En Vigo, os que máis abundan son os patinetes eléctricos e, ademais, segundo o manual de características técnicas, a partir de 2027 só van poder circular patinetes. O resto dos vehículos van quedar vedados. Vanse tirar o lixo un montón de vehículos en apenas uns meses.
A regulamentación dos VMP está sendo moi cambiante. Un deses cambios é a obrigatoriedade dun seguro.
Coa nova lei entrou en vigor unha obrigatoriedade de que cada vehículo de mobilidade persoal contratase un seguro, aparte de sacar unha matrícula. Houbo moita desinformación e confusión. De feito, tivo que atrasarse a entrada en vigor porque aínda non estaba o sistema ben configurado para darse de alta e solicitar o seguro. Agora, como calquera outro vehículo, ten que ir matriculado.
Dende a asociación, aproban esta nova lei?
A regulación era necesaria. Pasou coas motocicletas. O que pasa é que se parchearon cousas que xa estaban mal e non fixeron caso a asociacións nin a lexislación europea. E iso, ata chegar a un punto en que hai que facer un master para saber como se pode asegurar. Houbo moita confusión de cando comezou o proceso.
¿Pode ser multado un usuario sen seguro en Vigo?
Depende. Na ordenanza de Vigo xa estaba por defecto que se tiña que ter un seguro. Entrou en vigor no 2021 ou 2022 e obrigaba a ter un seguro de responsabilidade civil. De base, se non teñen seguros deberán ser multados, aínda que a nova ley ten una excepción moi concreta, que son aqueles que foron comprados antes do ano 2024. Eles poden circular ata a fin da moratoria, en xaneiro do 2027.
Vigo, é unha cidade cómoda para o uso dos VMP?
De feito, é unha cidade que quere máis VMP, porque as bicicletas teñen a súa dificultade. Os VMP os usan moita xente para ir traballar. Iso xa é algo comprobado. Non teñen un uso para o ocio, principalmente úsanse para temas profesionais, sobre todo para a xente que se teña que desprazar a moitos puntos. Imaxina facer todo ese esforzo en bicicleta, co gasto en enerxía ou a suor. Pode ser moi raro, incluso coas bicicletas eléctricas. Moitos dos motores non chegan para as costas que temos aquí en Vigo. Polo tanto, Vigo é perfecto para o uso de VMP.
Os condutores de coches, saben convivir cos VMP?
Hai de todo, pero con moita convivencia. É igual coas bicicletas. Por ordenanza e pola nosa seguridade, a ordenanza municipal obriga a ir polo centro do carril para evitar, se vamos moi abeirados, a apertura dunha porta nun coche ou un viandante que cruza entre dous vehículos. Vamos ser un pouco cívicos todos. Se detectamos un coche, sempre vamos intentar abeirarnos un pouco para que pase. Só hai que ter paciencia. Nós podemos circular por calquera espazo e na estrada temos que respetarnos todos. Vamos máis lentos?, si, porque a lei obríganos a circular a 25 quilómetros como máximo. Non podemos ir máis apresa, non podemos superar esa velocidade. E se hai un carril bici, non estamos obrigados a ir por él.
Contenido patrocinado
También te puede interesar