Laura Sanz: “A única forma posibel de salvar ás árbores é a través da educación”

"Temos que ensinar que as árbores son aliadas e non inimigas; aquí non se cumpren con eles", di a vicepresidenta da asociación Amigas das Árbores

Entrevista a Laura Sanz. | Atlántico

Unha nova asociación naceu en Vigo o pasado 12 de decembro. Amigas das Árbores presentouse en sociedade para salvar o ‘pulmón verde’ da cidade e poder concienciar os mais novos. Moitos deles, presentes no acto en María Berdiales, coa presenza do líder da banda Siniestro Total, Julián Hernández. 

Como foi a presentación o pasado 12 de decembro?

Queríamos facer un acto específico para representar un punto de partida, pero xa levábamos tempo traballando, xuntando xente e forza. Creamos esta asociación porque moitas veces é máis doado para reclamar informes ou cuestións xurídicas, e así comezou esta aventura. Queríamos facer unha festa e que mellor sitio que María Berdiales. 

Esa rúa foi un símbolo da resistencia no ano 2018.

Foi un grupo cidadán que vivían alí e estaban cansos de ver como tallaban as árbores. Puideron salvar 9 cun acto artístico e ecolóxico. É que antes de que nos nacésemos coma asociación xa existían as tallas sen sentido. Unha das primeiras veces que plantámonos para intentar parar unha desfeita foi grazas os nenos do colexio Chans, en Bembrive, que collen o autobús en Falperra y teñen na súa parada un cachiño de verde que estaba ameazado. Puidemos paralo, pero foi moi complicado. E tamén quedou ese vínculo co colexio. 

Ese foi o voso primeiro paso para crear a asociación?

Unha asociación é algo que non se pode planificar. Nace organicamente. A raíz do de Falperra empezou a saír xente interesada, pero non todo o mundo pode dedicarlle a salvar as árbores. A xente traballa, ten a súa vida, atender as familias… Non se pode. Por iso pedimos que se anime a maior cantidade de xente posible e conseguir unha sensibilidade colectiva. Se hai unha talla descontrolada en Samil, que alguén poida ir e facer resistencia. 

Entón, hai unha preocupación xeneralizada?

Creo que sí. Recibimos moitos correos e apoios. Xa era hora de ter algo así na cidade. Pero non temos tempo para pelexar. Ademais, hai xente que está a favor das tallas, porque lle quitan o sol ou lle chea o chan de follas. Aí entraría a educación. Ensinar que as árbores son aliadas e non inimigas. Eu penso que en pleno agosto vas estar moito mellor desfrutando da sombra en Castrelos que paseando pola Porta do Sol. E iso que non vemos todo o que as árbores teñen dentro. Todo o oxíxeno que produce. É un benestar colectivo. As árbores son un índice de calidade de vida, e aquí non se está a cumprir con eles. 

E hai unha solución a curto prazo?

Que os servizos sexan 100% públicos. As empresas tenden a minimizar custes e maximizar beneficios e interésalles que cada pouco tempo se faga unha talla ou unha plantación. Pero tamén aplicar o sentido común. En Estados Unidos, George Bush dixo tralos incendios de California que a unha solución posible para que non volvese a suceder era tallar todas as árbores. É unha barbaridade, e habería que analizar as mortes que prodúcense por golpes de calor. Moitas máis cas que se producen por árbores caídas. 

Teñen Amigas das Árbores proxectos sobre a mesa?

Non como tal, pero temos a idea de defender coma podamos a biodiversidade da cidade. A única forma posible de salvar as árbores é a través da educación, pero tamén do cariño, porque unha persoa protexe iso que quere. Gustaríanos faces charlas nos colexios ou roteiros, para coñecer as nosas árbores protexidas. Ou facer un catálogo do arborado de Vigo. O último data dos años 1990, está moi desfasado e tense que modernizar.

Contenido patrocinado

stats