Laura de Gabriel e Diego Roca: "Traballar cos nenos é marabilloso porque son moi sinceros, se non lle gusta, liscan"
"Non nos gusta que o público adulto chegue, sente e a ver que pasa, coma se fose unha película", din Troula Animación e Uxía Lambona e a Banda Molona
Laura de Gabriel e Diego Roca unifican música e show tanto en Troula Animación coma en Uxía Lambona e a Banda Molona. Enfocados no público infantil, acaban tamén por entreter os maiores. Unha faceta que levounos na súa xa longa traxectoria profesional a traspasar al fronteiras galegas e nacionais.
Como comeza a aventura de Uxía Lambona e a Banda Molona?
Laura: No grupo somos seis e mailo técnico. Hai batería, baixo, guitarra, acordeón, frauta e voz. Uxía Lambona e a Banda Molona pertence a Troula Animación, unha compañía que levamos facendo espectáculos dende hai 23 anos. Sempre intentamos ter novos pases, e o noso compañeiro Sergio veu con esa idea. A do formato dun grupo musical, de coller a música tradicional galega e darlle unha volta. Diso xa foi fai 11 anos.
Os nenos, son un público entregado ao voso espectáculo?
Diego:Nós somos pais, pero non só pensamos nos nenos. Queremos que os adultos tamén se divirtan, porque o facemos pensando en toda a familia. É mais, o espectáculo funciona mellor así. Porque os adultos dan moito feedback e axudan moito a facer as actuacións. Sempre estamos buscando a interacción co público. Non nos gusta que chegue, sente e a ver que pasa, como se fose unha película. Buscamos sempre esa interacción e conexión co público, e é unha das cousas que fai que funcione tanto Uxía como Troula.
Como fan para conectar con eles?
L:Nós partimos da animación, realmente non somos músicos. Aínda que a música ten un gran peso no show. Como animadora, tes que ter esa enerxía e saber transmitir para que chegue os nenos. Pero eu tamén necesito que eles me devolvan. Que realmente participen. Entón, mola canto cantan e bailan coma tolos, dan moita vidilla cando son felices.
D:Os nenos son marabillosos e nos encanta traballar con eles. Pero sí é certo que tamén son un público moi sincero. Se non lle gusta, liscan. Non renuncian. Se teñen outro estímulo que lle chama máis a atención, marchan. Algún teñen quedado durmido no noso espectáculo.
Uxía Lambona e a Banda Molona xurde doutro proxecto máis masivo como é Troula Animación, con mais de vinte anos.
D: Iso xa di que imos maiores. Empezamos cando isto estaba en exploración. Un día participei de Papa Noel, gustoume e comecei a traballar nos mundos dos aniversarios. Antes traballábamos todos xuntos nas piscinas municipais e un día lanzámonos a montar algo así. Fomos facendo mais pasarrúas, espectáculos e foi evolucionando ata o que é agora.
L: Foi un percorrido moi longo pero estamos contentos, porque realmente é un traballo moi familiar.
Tanto medrou troula que traspasou as fronteiras españolas. Como foi esa aventura?
D: Facemos todos os anos a romería viquinga de Catoira. Unha vez chegounos un correo dun programador de Gales que lle interesaba o espectáculo. Pensei que era spam ou algo así, pero non. Enton fomos traballar con varias comunidades vikingas no norte de Europa e foi incrible. E viñeron aquí. Cando viron o salvaxe da festa, alucinaron.
L: Tamén fixemos pasarrúas, pero o concepto alí é moi diferente. Aquí metémonos no medio da xente, e alí puxéronos balos para delimitar. Todo moi distante da xente, mais recto e menos lugar á improvisación. O que te podes atopar na rúa é variado e vas tendo recursos diferentes. Entón realmente hai que tirar moito da improvisación. En Uxía Lambona e a Banda Molona levamos unha escaleta, unha estrutura que lle queremos dar. Pero logo todos temos un micro. E esa liberdade é a que lle da frescura. O outro día tiven que parar porque me deu un ataque de risa e era incapaz de cantar. Pero iso é xenial, que non sexa moi ríxido.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último