Kaixo e Paulo Ruiz: “A nosa proposta vai da cultura ao redor do mar e da recuperación de espazos públicos”

"Queríamos recuperar espazos que levamos perdidos nos últimos 15 anos e o Museo do Mar é un dos mellores", din os responsables de Over, Kaixo e Paulo Ruiz

Kaixo e Paulo Ruiz: “A nosa proposta vai da cultura ao redor do mar e da recuperación de espazos públicos”

Os responsables de Over, Kaixo e Paulo Ruiz, visitaron o set de Atlántico TV para falar das Xornadas Culturais Mar de Galicia. Dende a súa asociación promoven este evento multidisciplinar que terá lugar o sábado 18 deste mes no Museo do Mar en Alcabre.

Mar de Galicia é unha nova proposta cultural. En que consiste?

K. Queríamos recuperar espazos que levamos perdidos nos últimos 15 anos e o Museo do Mar é un dos mellores. O máis importante para nós que é a música, pero sen deixar a un lado outras cousas como o deporte co piragüismo, a concienciación medioambiental, con charlas ou un mercadillo para favorecer a economía circular e darlle unha segunda vida á roupa. Temos un evento de doce horas, de 11:30 a 23:30 horas en dous escenarios, un de música urbana e outro, rock. O 95% do programa é de Vigo ou bisbarra, con Cecilio G como cabeza de cartel. Haberá propostas textis con refugallos mariños e Raquel Nogueira, directora do CSIC da Universidade de Vigo, para dar esa visión máis científica. Haberá o espazo Río Lagares cunha música máis ambiental.

Cal é o fío conductor ao longo destas doce horas?

P. O fío condutor é o propio mar e o espazo. É un lugar moi atractivo, pois estás pegado á praia, cunha alborada na que se vai situar o mercadillo. Son unhas xornadas para estar en contacto coa natureza. A cuestión real é a de recuperar os espazos públicos da cidade infrautilizados. Quixemos facer un festival de música e darlle un pouco máis o tema cultural alternativo.

É un plan para todo o día, non?

P. Para todo o día e para toda a familia, para nenos tamén, para todos. As actividades son gratuítas, menos a música (8 euros para os dous escenarios) e haberá tamén para comer en barras e foodtrucks con ambientación de DJ todo o día.

Cal é a proposta musical?

K. No escenario Ría, amais de Cecilio G, actuarán Tekilas, Xiari, Adan ou LosdeLa9) e no Xanela, máis guitarreiro, haberá grupos como LoraHacePam, Dulce Compañía, Zalomon Grass ou nós, Youcanthide.

E tamén un espazo de economía azul.

P. Participan alternativas como Lixo Atelier ou Vazva que reutilizan os residuos mariños de xeito creativo e para facer roupa.

Menudo oasis cultural!

K. Eu creo que antes non era un oasis. Vigo sempre foi unha capital cultural a nivel estatal e agora estamos na cola. A idea é recuperar esa axenda cultural, entendemos que para eso tamén ten que haber vontade política.

Cal sería a definición do Mar de Galicia?

P. A nosa proposta vai da cultura ao redor do mar, que é a cultura de Vigo, e a recuperación destes espazos.

K. Isto tamén é un pouco reivindicativo, somos un pouco peleóns nese aspecto. Reclamamos espazos públicos para que a xente poida facer as cousas, sen necesidade de estar dentro dunha narrativa.

Contenido patrocinado

stats