Judith Alonso: “Gástanse moitos cartos en medios materiais no canto de medios humanos”
Voceira das Asambleas Abertas do Ensino Público de Vigo e área
Á marxe dos sindicatos, pero sen deixalos de lado, en Vigo naceron este curso as Asambleas Abertas do Ensino Público, unha iniciativa docente que busca tomar acción para mellorar as condicións laborais do ensino galego. Judith Alonso, directora do IES Alexandre Bóveda, é unha das súas voceiras.
Como naceron as Asambleas Abertas do Ensino Público?
Naceron en base á necesidade, a unha serie de críticas xeralizadas de todos os membros da Comunidade Educativa de que o ensino público galego está empeorando. A principios de setembro, Suso, profesor de Matemáticas no Álvaro Cunqueiro, comezou a artellar unha maneira diferente, un pouco en paralelo tamén á acción sindical, que puidera aglutinar este tipo de diferentes intereses.
Cantos membros son?
Na única Asamblea que tivemos e que foi o 4 de decembro, fomos en torno de 250 persoas, pero é verdade que, como foi en Vigo, viñeron docentes da área de Vigo, pero logo tamén se están creando Asambleas noutros lugares.
Que son máis urxentes de arranxar no ensino público galego?
Hai moitos. Por un lado, teríamos as infraestruturas, onde non se están ocupando correctamente de arranxar as deficiencias, de dotar dunha infraestrutura básica: cousas tan normais como que o alumnado non teña frío. Por outro lado, está o tema de inclusión, que é algo que queda moi bonito na política: falar de que todo alumnado ten que ser recibido, incorporado e socializado; pero a inclusión é un tema moi complexo que para realizala ben, fai falta moita inversión. Sobre todo de medios humanos, persoas que sexan coñecedoras, especialistas desa problemática e que podan, polo tanto, actuar en consecuencia. Eu son profesora de Historia, eu non sei como tratar diferentes problemáticas e non me vale que me fago un curso online de 4 horas. En vez de aumentar, os medios humanos están diminuíndo. Ademais, está a carga de burocracia. Cada vez hai máis documentación que en moitos casos é baleira e, a que ten sentido, ao final, tamén acaba sendo baleira. É dicir, se ao final do curso piden que faga un informe extensísimo e detalladísimo sobre todos os problemas e todas as melloras que poderías promover no centro e logo non se actúa en consecuencia, queda en nada.
Cada vez hai menos directores que presentan proxecto. Por que?
Porque hai máis carga burocrática, máis responsabilidades, máis dificultades na xestión dos centros, e iso non está revertendo nin nunha mellora económica, nin nunha mellora de horarios ou de máis persoal, que é o que se ve noutras comunidades autónomas. A Xunta gasta moitos cartos en medios materiais, pero non gasta o suficientes cartos en recursos humanos, e iso, cando falamos de Educación, é un problema gravísimo.
Como se podería fomentar o interese por formar equipos directivos?
Soamente o cargo de dirección está lixeiramente pagado, e tampouco, bueno, se iso comparas con unha empresa privada, non teña sentido. Xefatura de estudos, vicedirección, ou secretaría, non están pagados apenas, son como unha ONG. Iso é unha, as cousas hai que pagalas, como se pagan en todos os sectores. Pero en todo caso, non é tanto iso como as veces a sensación de estar sobrepasados. No meu centro, o Alexandre Bóveda, que é o máis numeroso en cuanto alumnado de ESO e Bacharelato ato de Vigo e Área con 800 alumnos, non podo ter unha única xefatura de estudos como teñen outros con 300. Non está compensado. Tamén nos coles de Primaria e Infantil, non teñen persoal administrativo. Quen fai todo ese traballo? Secretaría? O secretario pode ser un profe que saiba facer ese traballo, pero tamén que non.
Que obxectivos se marcan estas Asambleas á hora de pasar á acción?
A ver, o primeiro obxectivo co que se iniciou isto foi reunirnos. Falar, ser proactivos, facer crítica constructiva e intentar propoñer. Que en cada centro se reúnan, e a xente se organice en colectivo partindo sempre das necesidades concretas de cada centro. Porque tamén cada centro é un mundo. O segundo obxectivo era crear unha comunicación entre unhas establecidas as Asambleas. Intercomunicalas e relacionalas. Poner todo en común e saber que hai moitas necesidades que non se están escoitando.O terceiro sería ampliar esa esa comunicación, como dicíamos, a todos os axentes da comunidade educativa. Precisamos que isto non sexa unha cousa de profes. Porque a comunidade educativa é moito máis. E aí as familias e o alumnado teñen que ser importantes. Precisamos que todo o mundo este involucrado. Por iso, queremos achegarnos moito ás anpas e traballar en conxunto porque o noso beneficio laboral é o beneficio dos seus fillos. E por último, queremos comezar a crear unha acción colectiva, facer algo propio máis alá de unirnos á acción sindical.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
hockey patines
El Hoquei Club Ponteareas logra su segunda victoria seguida
Fútbol | tercera federación
As Celtas B sigue fuerte de líder y el Lóstrego no para de ganar
Aeropuerto de Vigo
La conexión aérea Vigo-Barcelona lastra el crecimiento en Peinador