Jacobo Fernández: “A banda deseñada infantil é fantástica para divertirse e xogar”

“Hai unha especie de humor absurdo co cal eu non sei moi ben por que, pero que conecta co público infantil”, di o ilustrador e escritor de literatura infantil

Jacobo Fernández: “A banda deseñada infantil é fantástica para divertirse e xogar” | Atlántico

O vigués Jacobo Fernández Serrano, ilustrador e escritor de literatura infantil, vén de presentar este mes a quinta entrega de “Marcopola”, tras un impass de seis anos dende a cuarta entrega. Mestre de ilustración na Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense, achégase a Atlántico para falar de Marcopola e a situación da ilustración en Galicia.

Como foi a aventura de retomar a personaxe de Marcopola varios anos despois?

En realidade, dende o meu punto de vista, seguín traballando no cómic. Non houbo anos que non avanzara, pero hai outras cousas que pasan na vida. Quedas mirando unha pedra, te despistas e pasan seis anos sen darte conta. Coincide tamén con que dende hai uns anos, eu sempre debuxei e din clase, pero dende hai uns anos é cando a faceta da docencia empezou a ocupar máis tempo. Primeiro aquí en Vigo, na EMAO, e agora mesmo na Antonio Failde, en Ourense, no ciclo de ilustración. Queras que non, eso te deixa menos tempo para avanzar.

Os lectores das primeras entregas creceron nestes anos, ¿tamén medrou Marcopola?

Penso que sí. Agora mesmo penso que xa é unha banda deseñada para todos os públicos. O primeiro exemplar sí que estaba máis orientado a primeiros lectores: a densidade da viñeta, o tipo dos textos, o tipo das tramas… Era todo dentro do mesmo mundo, pero un pouco máis sinxelo. E agora sí, penso que estamos nunha aventura clásica para todos os públicos, que inclúe infantil e de ahí para arriba.

¿Continuará próximamente “Marcopola” cunha sexta entrega?

Sí, aínda que próximamente xa é unha precisión que é difícil de asegurar, pero continua, sí. Eu, en canto rematei este, xa estaba traballando no seguinte. Agardo que a espera non sexa tan grande e que chegue antes. Bueno, agardo non, estou convencido que chegará antes. A idea é que agora colla un pouco máis de ritmo. No quinto xa está anunciado o seguinte número, que se vai titular “Unha tempada na casa dos tigres”. Continuarán as aventuras.

É unha tarefa sinxela pensar historias para público infantil e pasalas despois o papel?

No meu caso, todo o traballo que teño tanto en cómico como en literatura é dedicado ao público infantil. Non parte dunha conciencia que eu me poña ou me force a orientar o infantil. Coincide que o tipo de historias que fago eu, se cadra estou a medio cocer todavía, me saen así. O tipo de fantasía que me gusta, o tipo de humor… se cadra hai unha especie de humor absurdo co cal eu non sei moi ben por que, pero que conecta co público infantil. Pasalo ao papel, penso que ten a máxima dificultade, porque, como decía Richard Scarry, que era un autor e ilustrador, “os artistas máis valentes son os que se dedican á literatura infantil”. E ainda que dendo o punto de vista exterior parece que é como unha especie de perfil baixo, é todo o contrario. Temos que esforzarnos en que a esixencia ten que ser máxima a nivel artístico para o que lles ofrezcamos a rapazada. Un esforzo que nos gusta, porque nos adicamos a isto por gusto.

Qué pode decir a nais e pais sobre “Marcopola”?

A banda deseñada é un medio fantástico para a comunicación artística, para divertirse, xogar, para entreterse, animarse a ler e a debuxar.

Na súa faceta docente, como ve as novas xeracións que veñen?

Incrible. Teñen a dificultade de que cada vez hai máis xente, pero teñen todavía máis claro que nós, que o seu terreo de xogo é o mundo enteiro. Non é cuestión de atopar chollo en Vigo nin en Galicia, senón no mundo enteiro. E veñen, polo xeral, cun nivel de conciencia profesional moito maior do que podería haber hai 40 anos.

Debemos temer a Intelixencia Artificial?

A IA supoño que ten unha parte interesante, sempre que non se dedique a roubar o traballo da xente e a utilizalos sen ter en consideración os seus dereitos.

Contenido patrocinado

stats