Isabel Flores: “A vulneración de dereitos humanos é unha preocupación constante”

Coordinadora de Amnistía Internacional en Vigo

Entrevista a Isabel Flores. | Gonzalo Pamies

Isabel Flores é a coordinadora en Vigo de Amnistía Internacional, la organización global que trabaja por la promoción y defensa de los derechos humanos reconocidos por las Naciones Unidas.

¿Cómo é o traballo de Amnistía Internacional a nivel local?

Abordamos cuestións de dereitos humanos a nivel internacional, europeo, español, galego, e logo buscamos a conexión cos asuntos locais. En Vigo, estamos traballando en temas como garantir o dereito á vivenda, revisar a resposta municipal á violencia de xénero, elaborar un plan de mitigación do cambio climático, entre outras.

¿Qué iniciativas teñen previstas para este ano en Vigo?

Este ano, continuaremos coas accións de rúa, actos informativos e de debate, todo apoiado con presión, incidencia e información ao público, así como a diversas institucións como o Concello. Traballamos con outras entidades no tecido social da cidade, participando en plataformas e na elaboración de documentos ou accións de rúa.

¿Cómo vedes a situación do acceso á vivenda en Vigo?

O ano pasado escribimos ao Concello e á Xunta, pedindo medidas para mellorar a situación. Afecta non só á mocidade, senón a todas as capas da poboación. Pedimos medidas como que se aplique o control dos prezos dos alugueiros con urxencia. Tamén temos un problema cos pisos turísticos, que son máis que as do parque actual de alugueiro en Vigo. Buscamos que, para 2028, o 15% do parque de vivendas sexan de carácter social.

¿De qué forma loitan contra a violencia machista?

Estamos participando en mobilizacións contra a violencia de xénero durante todo o ano pero é necesario que se implementen medidas concretas, como centros de atención 24 horas, xustiza gratuita para as vítimas e melloras na resposta municipal. Tamén pedimos que se implemente a educación afectivo-sexual nos centros educativos e que se forme aos operadores xudiciais para garantir un trato adecuado ás vítimas.

¿Cree que aínda queda traballo por facer para reparar os crimes da Ditadura?

Si, os xestos son importantes pero non podemos quedarnos aí. Hai que recuperar a memoria e lembrar as violacións de dereitos humanos do Franquismo. Necesitamos garantir a verdade, a xustiza e a reparación para as vítimas. A Lei de Memoria Histórica do 2022 supón avances, pero deixa fóra a reparación das vítimas. Por exemplo, o caso de Humberto Baena en Vigo aínda está en trámite de recoñecemento de vítima e non se establece ningunha reparación para a súa familia. Tamén hai problemas coa xustiza, xa que moitas denuncias por torturas ou crimes contra os dereitos humanos están sendo arquivadas. Pensamos que é necesario modificar a Lei de Amnistía de 1977 para permitir investigar e xulgar os responsables de crimes recoñecidos no dereito internacional.

¿Cómo ven a situación en Gaza e a crise humanitaria?

Amnistía Internacional considera que a situación que se viviu en Gaza foi un xenocidio, dado o trato que a poboación palestina recibiu polo Estado de Israel. Agora pedimos a fin do bloqueo ilegal que impide o acceso a suministros vitais, así como a reparación das infraestruturas médicas e educativas. Tamén é necesario abordar as causas profundas do conflito, como a ocupación ilegal dos territorios palestinos.

¿Preocúpalles a situación de Venezuela?

Venezuela está a vivir unha represión brutal, con encarceramento de disidentes e crimes de lesa humanidade. Tamén nos preocupa a situación en Perú, onde hai protestas reprimidas, e en Cuba, onde recentemente se liberaron máis de 500 persoas presas. Amnistía Internacional está a traballar globalmente en todas estas situacións e en Vigo tamén se realizan concentracións para dar visibilidade.

¿Estanse dando pasos atrás no respeto aos dereitos humanos?

O traballo de Amnistía Internacional está a medrar, hai unha preocupación constante sobre as vulneracións de dereitos humanos. No último ano, na provincia aumentou un 3,5% o número de socios. Estamos traballando con outras organizacións e buscamos incrementar a colaboración para ser máis eficaces, especialmente en temas como a crise climática, os dereitos LGTBQ, a violencia contra as mulleres e a emerxencia da vivenda.

Contenido patrocinado

stats