Iria Salvande: “Non se pode cumprir a lei de comida saudable conxelando os prezos”

A presidenta da federación de Anpas de Vigo, Iria Salvande, cuestiona que se conxelen os prezos dos comedores mentres aumenta o custo dos produtos e pide máis profesorado, orientadores e investimentos nos centros

Iria Salvande: “Non se pode cumprir a lei de comida saudable conxelando os prezos” | Atlántico

A presidenta de Foanpas (Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos), Iria Salvande, reflexiona sobre o inicio de curso a menos dunha semana da volta ás clases.

Este ano parece que a Xunta decidiu aumentar a dotación de profesores de apoio. Como ve o inicio do curso neste sentido?

Estamos esperando un pouco que se confirme se efectivamente hai máis profes de apoio ou non. Porque o ano pasado tamén iba a ser histórico o número de profes de PT e AL que ía haber e a realidade é que non foi así. Entón, veremos agora que é o que sucede e cales son os recursos reais sen contar co Plan Mega nin co PROA.

Como ve que están levando as familias esta ‘costa de setembro’?

Nos cremos que vai ser unha costa, nunca mellor dito, máis custosa que outros anos. Hai que tener en conta que o luns teremos unha reunión para aprobar o precio dos comedores que por primeira vez situarase en torno aos 100 euros. Temos que aplicar o Real Decreto de comida saudable e a Consellería este ano decidiu conxelar os prezos cando é imposible levar a cabo o servicio co prezo convenido doutros anos. Cando tes que aplicar un decreto que te obliga a usar producto ecolóxico e de proximidade, os prezos escalan exponencialmente e a consellería pretende que as familias asuman a diferencia tan grande do custo.

A cantos colexios afecta esta conxelación dos prezos por parte da Xunta?

O decreto da Xunta afecta en principio, aos que teñen comedor de xestión indirecta ou das Anpas. Pero nós vamos estar super vixiantes co catering da Xunta porque se nós xa cumplíamos máis ou menos o decreto de comida saudable, a consellería non en ningún caso. Entón, se non asúme os custos e non sube os prezos nos seús caterings, é imposible cumplilo. A Xunta, que paga a metade que nós, é imposible que consiga un pollo ecolóxico ou un arroz integral a eses prezos. Entón, vamos vixiar que a consellería cumpra a norma da comida saudable porque creemos que a comida non debe variar para os rapaces segundo lles toque un comedor da Xunta ou de Foanpas.

¿Cantos son aproximadamente os centros de Vigo que teñen comedores xestionados pola Xunta?

Entre 24 e 26. E outros tantos por Foanpas.

Precisamente este decreto levou ao peche de cantinas en colexios e institutos. Como ve esta situación?

É certo que estas son unha concesións que te custan moito xestionar, polo que non vas estar aí perdendo diñeiro. Pero o que habría que facer é intentar cambiar un pouco as cousas. Nós estamos de acordo co decreto da comida saudable, pero o Goberno central tería que ter en conta tamén que non se pode facer un decreto así pensando en Madrid e non tendo en conta as realidades doutros sitios. Por exemplo, aquí comer salmorejo ou gazpacho non pinta moito. Igual que a sopa cando aínda vai calor.

Sobre as deficiencias nos centros, este ano houbo un número importante de obras en colexios. Nótanse os resuiltados?

Non, vemos que cada ano a Xunta en Vigo inviste máis ou menos o mesmo. A súa xoia da coroa é o IES de Navia e é certo que se fixeron pequenas obras como o do amianto do Chans-Bembrive, pero hai coles que teñen 50 anos e a cConsellería non inviste neles o que necesitaríamos cando vemos, como aumenta a partida para o ensino concertado ano a ano.

Que máis demandas tedes deste inicio do curso?

Pedimos que se siga dotando aos IES co personal necesario. A nós neste momento preocupanos moito por exemplo, un instituto con 600ou 700 alumnos onde só hai dous PT ou un SÓ orientador. É certo que a consellería este ano si que asignou algún orientador máis nalgún centro pero algo puntual, pero non é algo estrutural. Seguimos dicindo que nun IES é imposible ter un só orientador porque non é para os nenos con necesidades especiais, senón que, coa nova lei de Educación, necesitas ese orientador para saber que carreira escoller en función das asignaturas que escolles en Bacharelato entón. As familias atopanse aí nunha encrucillada complicada onde os rapaces teñen que decidir con 16 e 17 anos sobre o seu futuro, Nos IES hai falta de orientadores, recursos, e profesorado. E a baixada de ratios aínda non está afectando aos institutos.

Contenido patrocinado

stats