Gonzalo Lemos e Eli Pérez: “O discurso do odio está calando entre os mozos e iso da moito medo”

“Vigo cambiou moito, fai 15 anos éramos uns bichos raros para a sociedade e as lesbianas estábamos perseguidas”, sinalan os representantes de Avante LGTB+ e Nós Mesmas

Publicado: 13 jun 2024 - 07:00 Actualizado: 13 jun 2024 - 08:17

Gonzalo e Eli visitaron Atlántico para falar de igualdade no mes do Orgullo.
Gonzalo e Eli visitaron Atlántico para falar de igualdade no mes do Orgullo.

No mes do Orgullo, asociacións como Avante LGTB+ e Nós Mesmas contan con unha programación especial onde a diversión e a reivindicación van da man. Tanto Gonzalo Lemos como Eli Pérez son representantes deses colectivos, que xa contan cun arraigo na cidade (Nós Mesmas leva xa 16 anos) e cunha labor de visualizar a diversidade para que a sociedade viguesa consiga a igualdade total.

Chega xuño, o mes do Orgullo, e tedes ámbalas asociacións una programa cheo de actividades. Cales son?

Gonzalo: Intentamos ter unha lista de actividades que comprometa a todo o colectivo. Todas as actividades están moi complementadas, realizamos o Orgullo dunha maneira conxunta. Sempre desde as posibilidades que temos dende a asociación. Tivemos xa o ‘brunchstorming’, onde foi un lugar distentido para falar da problemática que aínda temos no colectivo. Naceron moitas ideas, como entrar en educación, sanidade… E falamos sobre as violencias que aínda sufrimos dende o colectivo. Foi moi interesante.

Eli: O día 19 temos unha proxección do documental “Guías do Estado” que vai sobre as leis en Guinea teñen unha ley similar a que imperaba no franquismo, de vagos e maleantes. Aí vamos ter dous activistas, Kris de Guinea e Vladimir en Rusia, ámbolos solicitantes de asilo. Vladimir era bibliotecario e tivo que fuxir despois de que lles queimasen os libros e ser perseguido.

Todas as actividades enfocadas a gran festa que se levará a cabo o día 29.

G: O propio día do Orgullo é o 28 e coincide o venres, por iso o cambiamos o sábado para dálle máis posibilidade a aquelas persoas que se queiran achegar. Sairá dende A Doblada as 20:30 horas, pero quedaremos antes para facer comunidade, pancartas, bandeiras, pintar a cara… estar entre colegas, coñecer xente nova e establecer máis vínculos.

Estase conseguindo a igualdade real en Vigo?

E: Queda moito. Sempre está en perigo, e máis agora mesmo con estes discursos de odio. Por iso é importante saír as rúas, ocupalas e reivindicar que ese espazo tamén é noso, dos nosos corpos e das nosas diversidades. A sociedade ten que ser consciente de que esta loita non só nos compromete a nos, senón a todos.

Mellorou a situación nos últimos quince anos?

G: Dende Avante consideramos que aínda faltan moitísimos pasos por dar. Temos aínda que falar de agresións, de violencia, de ir dar unha charla os colexios e que te chamen enfermos. Hai un descoñecemento moi grande.

E: Recordo perfectamente que hai 15 anos a sociedade non era a mesma. As lesbianas e bisexuais estábamos perseguidas por unha panda de energúmenos. Temos moitas anécdotas horrorosas nese sentido. E iso foi fai 15 anos, está a volta da esquina. Éramos uns bichos raros para a sociedade e tíñamos que xuntarnos de forma clandestina para que ninguén soubese da existencia de Nós Mesmas. Creo que cambiaron moitísimas cousas.

As novas xeracións. Son solución ou problema?

E:É a nosa principal preocupación. Están moi influenciados, porque agora o discurso de odio está moi de moda es cala entre os mozos. Están replicando todo o que escoitan, e iso da moito medo.

G: Cando vou ás charlas nos colexios, algúns creen que os queres adoutrinar, cando só intentas mostrar diferentes realidades.

Como se combaten estes discursos?

E: Con educación, ou dende unha prensa que transmita toda a realidade. Visualizar o Orgullo é tamén moi importante. Ademais da educación, tamén incluiría unha verdadeira política de inversión.

Contenido patrocinado

stats