Gema González: "Os incendios son parte da memoria colectiva e o teatro ten que contalo"
Actriz de A Tríptica Teatro, presentan “O que xermola no lume”
Gema González é unha actriz viguesa que forma parte da compañía A Tríptica Teatro, que vén de disfrutar dunha residencia artística concedida por La Casa del Teatre Nu (Barcelona) onde desenrolaron a obra de teatro “O que xermola no lume”, unha peza de teatro contemporáneo que trata sobre os incendios forestais que se estreará en Vigo en octubre.
Propoñedes unha obra interesante que fala dos incendios forestais dende o teatro. Como xorde a idea?
Foi no momento no que nos decatamos de que xa non son algo puntual, senón que mais ben forman parte da memoria colectiva. Nos somos de Vigo e vivimos moi de preto a situación dos incendios forestais do 2017 en Vigo, que chegaron incluso ao centro da cidade. Dende entón, segue habendo cada ano novas noticias e este ano foi desolador en todo o territorio galego. E considerabamos que tiñamos que falar disto.
O título da obra da pistas, “O que xermola no lume”. Que xermola na obra?
Falamos, certamente, da situación dos incendios forestais, pero nos queríamos tamén falar dende a esperanza e da confianza na sociedade. Do que pasa xusto despois de que todo arda. Vémolo cos incendios pero tamén noutras situacións ou catástrofes naturais, como a DANA ou o Prestige. Queremos falar desa volta a comunidade, non soamente xermola a natureza, xermola esa humanidade que cando vemos a nosa terra destrozada da igual a ideoloxía política, o xénero ou a raza, todos e todas imos a loitar polo que está desaparecendo.
Como se pode representar un incendio forestal?
Dentro de A Tríptica eu son intérprete e as miñas compañeras son Diana Longa, dramaturga e Noa Eriarte, iluminadora e escenógrafa. Buscamos que sexa un diálogo entre o corpo en movemento xunto coa iluminación. Tamén é moi importante a figura da música, do son, que está a cargo do grupo Carabela. E a partir de ahí creamos, dende unha mestura, unha dramaturxia de palco, na que creamos todo entre todas, a partir de certas improvisacións, con conceptos previamente traballados, no que vai xurdindo a obra e xa Diana, que é a dramaturga, vai xerando esa guía.
Está especializada en teatro de corpos, pero tamén é unha obra con moito texto. Como se combina?
Dun xeito moi natural. No teatro sempre houbo ambas disciplinas que se mesturaron e non hai tanto que se marcou esa diferenza, é algo máis contemporáneo realmente. Cando consideramos que é o corpo o que vai contar máis, deixamos ser o corpo, e cando precisamos as palabras, porque hai momentos nos que damos datos concretos, utilizamos a voz.
A obra está pensada para remover as conciencias?
É o que buscamos, a pretensión é esa. Facer un teatro para todos os públicos, queremos que se xa algo sinxelo de comprender pero tamén provocar dende dentro. Creo que a nivel social vai tocar e ao final sempre lanzar esa pregunta de que podemos facer todas e todos en prol da mellora desta situación.
Como axudou a residencia artística en “La Casa del Teatre Nu”?
A verdade é que foi maravillosa. A xente de La casa do Teatro Nu son encantadores e encantadoras, cuidaronos moitísimo, déronnos o tempo, o espazo e os medios para poder centrarnos solamente neste traballo, para pasarmos dez días exclusivamente creando e investigando..
De cara as comunidades, penso que tedes unha iniciativa social…
Queríamos fazer algo máis e decidimos que unha porcentaxe do caché de cada actuación que teñamos irá destinado ás comunidades e asociacións que traballan directamente coas persoas afectadas polos lumes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar