Fillas de Cassandra: “Fixemos o que quixemos sen pensar que esperaban de nós”

María Soa e Sara Faro, veñen de publicar o álbum Tertúlia

Fillas de Cassandra: “Fixemos o que quixemos sen pensar que esperaban de nós”

O dúo vigués Fillas de Cassandra vén de presentar o seu novo álbum, Tertúlia, no que reivindican abrir de novo ás portas da casa e o contacto social máis aló do mundo dixital e individualista. Comenzan xira o 9 de maio en Pontevedra.

Singles, álbum, exposición, nominación nos premios da Academia da Música por Hibernarse, concertos...

María Soa: Que mezcolanza de todas as cousas! Pero bueno, que emoción, sobre todo porque agora chegou o momento de que as cousas vaian saindo. Todo o traballo, de repente, dá esa pausa de poder disfrutar in situ.

Como vos sentides?

Sara Faro: Aínda a semana pasada falabamos e dicíamos: “agora o que toca é disfrutar, xa”. Porque estás tanto no plano loxístico, de producción… que agora é “o in situ”. Temos que estar e estamos presentando o segundo disco. Este momento é irrepetible, pasan tantas cousas que perdes o foco. Agora comenzan as semanas de disfrute pleno, para con nós e por compartir con todas as demais.

MS: Si, porque intentas disfrutar do proceso pero, claro, as veces mergullaste tanto no traballo que ven a nominación de hibernarse, e dices “ostra, dun traballo de moi atrás”. Parece que se esqueceu, e para nada.

Sentíades presión ou responsabilidade na publicación deste segundo álbum?

MS: Así é, un sindios este disco! Fixemos o que quixemos intentando non pensar demasiado no que se supón que o mellor se esperaba de nós.

SF: Si, como intentar traballar á marcha das expectativas, incluso das propias, deixarse facer o que o corpo iba pedindo, o que iba saíndo nas propias composicións cando nos xuntabamos e deixar que iso fluíse tranquilamente, sen medo.

Titulades o álbum “Tertúlia”. En que tertulia estabades pensando ó grabar o disco?

MS: Pois cando comezamos a revisitar as cousas que nós estes anos, tamén na xira de Dionisíacas, fomos mandando ao noso grupo de “novo proxecto”, para cando fora. De repente coincidían todas en que estabamos nun momento que nos atravesaba o voltar a xuntarse coa xente e falar, escoitar, co tempo que se precisa para cada unha destas cousas. Hoxe en día sempre parece que ou estás molestando ou alguén se ten que marchar ou non tes tempo para chegar ao punto da conversa e que xa nada tes que dicir. Era bastante importante e revisitamos tamén como facían antes.

SF: Xa o primeiro single o abría, cando sacaban as cadeiras a fresca e ocupaban ese espazo, abrían a conversa non solamente entre coñecidas e veciñas, senón a todo aquel que se quixera sumar ou que pasara pola rúa, fronte a toda esta época que vivimos de privacidade, de intimidade, de individualismo: volver a abrir as portas da casa.

Acompañades o disco cunha exposición, formada precisamente por estas estas cadeiras. Como xurdiu a idea?

SF: Primeiro ía ser a portada do disco. Construímos estas cadeiras porque apareceu o símbolo como un espazo de repouso onde ter esa conversa dilatada. Aí comenzou o proceso de “e se cada canción tivera unhas calidades, uns materiais, de que forma serían?”…

MS: Xogar a xuntarnos e ver que coincidían e de repente estaban aí as cadeiras físicas e podías velas. Incluso falar con elas, que non foran inertes.

SF: No momento en que vimos esa portada lembro como no estudo dixemos, “pero isto en realidad poderíamos expoñelo”.

MS: E cando xa unha idea disto para facer a preescoita, parar facer un lugar de reunión.

SF: É incoerente realmente co mesmo discurso do álbum facer que fora algo dixital únicamente.

Como recibichedes a nova da nominación?

SF: Sempre é bonito estas cousas que van pasando tras sacar un álbum. Vanche recordando a traxectoria que levas feita, o traballo e que todo vai tendo as súas paulatinas recompensas. É sempre unha alegría. Nós solamente estamos pensando en irnos para alí de festa.

En insolación retrousades: “Unha noite no muíño, unha noite non é nada, unha semaniña entera, iso si é muiñada”. Agora que non hai muíños, onde son as muiñadas da mocidade?

MS: A tertulia podese dar moitos xeitos, non solamente coa palabra. Entón, bailar e bailar todas xuntas é unha forma de chegar a este éxtase colectivo a través do baile.

SF: Pero creo que, con todo o movemento destes últimos anos de volta a música tradicional, sí que abriu espazo e nós temos moitos amigos que fan as súas foliadas.

MS: En insolación o que nos referimos tamén é a submundo, a estar “de rave” onde sexa, non necesariamente no muíño.

Contenido patrocinado

stats