Xaime Rodríguez: "Implementarei a formación de barista e barman na escola"
Novo dono da escola de hostelería Harina Blanca
"Nos meus inicios apasionoume moito o café, e logo atopei a coctelería como un vehículo que me gustaba máis para transmitir á miña clientela e diferenciarme"
Que o levou a apostar por esta escola?
Sempre tiven negocios propios na restauración e agora, como hai unha falta de persoal tremenda, presentóuseme a situación e pareceume unha idea atractiva a de poder formar e facelo cobrando. Gustoume o proxecto, vino viable e lanceime de cabeza.
É un barista recoñecido. Planea incorporar esta disciplina á ensinanza de Harina Blanca?
Nos meus inicios apasionoume moito o café, e logo atopei a coctelería como un vehículo que me gustaba máis para transmitir á miña clientela e diferenciarme. Harina Blanca sempre foi un referente no mundo da cociña. Seguiremos con iso, pero implementarei a formación de barista cunha aula de café e barras de coctelería para impartir cursos de barman.
Ve unha escaseza de formación nestes ámbitos?
Si. A verdade é que falta moita formación. A hostelería demanda profesionais e fan falta escolas. Ter un vehículo para formar á xente é necesario para os empresarios que se inician neste mundo e que ao mellor non poden formar un equipo de traballo nunha escola pública, para o que pode tardar varios anos. Ter escolas privadas nos que se poida potenciar o talento dunha persoa e formala para hostelería é vital para o sector.
Que outras novidades planea incorporar á escola?
Unha aula de creatividade e un pequeno laboratorio para estar en contacto co sector da hostelería. Tamén pretendo crear unha aula de catas, tanto para aficionados como para que profesionais melloren as súas habilidades.
Fálase moito de falta de formación no sector. Que está fallando?
Un pouco todo, tanto a parte profesional como a empresarial. Sigue habendo empresarios que se aproveitan da xente. De feito, estiven falando con alumnos da escola que saíron o último curso e foron a traballar a sitios turísticos e non cobraron as súas horas extras, metéronlles máis horas de traballo que as que figuraban no contrato... Hai que revertir eso polas dúas partes: hai que formar e que o empresario sexa máis legal.
Que pretende aportar a estas carencias?
Talento. Sacar o mellor de cada persoa para que sexa mellor profesional. Quero que a escola sexa un vehículo entre o hosteleiro e a persoa que formemos.
Dise que a hostelería non está modernizada. Como cre que se pode facer?
Con formación e con ganas. O hosteleiro ten que ter unha actitude e estar disposto a seguir avanzando. Nesta profesión, se non tes pasión polo que fas, vas ser un máis.
Préstaselle pouca atención ás disciplinas de barista e barman nunha cidade como Vigo?
Na miña etapa de formador vin unha falta de profesionais. Dicíanme que lles custaba moito vender calidade. Pero todo pasa pola formación, é necesario para poder vender experiencias.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas