Eli Pérez: “Temos unha loita aberta contra un discurso de odio que exclúe e asasina”
Asociación Nós Mesmas
O mes de xuño foi o mes do Orgullo. Dende Avente e Nós Mesmas fixeron máis de vinte actos culturais, sociais e reivindicativos para amosar unha loita que continúa viva. Así o dí Eli Pérez, de Nós Mesmas. Pero hoxe, gran día coa manifestación e posterior festa na Porta do Sol, só queda espazo para a diversión e a mostra natural de cada un. Comeza cunha pre-festa a partir das 17:30 horas na Porta do Sol, manifestación ás 19 horas no cruce de Urzaiz con Vía Norte para, despois, volver a Porta do Sol e coa celebración.
Un mes de moita reivindicación e moita actividade. ¿Como foi?
Tivemos moitos actos e, ademais, seguimos co traballo normal da asociación, con asesoramento social, psicolóxico, xurídico… Isto non para nunca. Tivemos moitos actos reivindicativos feitos polas dúas organizacións (Nós Mesmas e Avante) e de todo tipo. Pero as festas son para socializar e queda o gordo para o final deste programa completo.
Co gordo, se refire a manifestación e a festa.
Exacto. A pre-festa non é unha obriga, pero así alargamos un pouco a festa e quentar motores antes da manifestación. Teremos moitas sorpresas e novidades, e estará a Dj Jojo Pink para amenizar esa hora e media. Logo, as dúas entidades leremos o manifesto para recordar que temos unha loita aberta contra un discurso de odio que exclúe e asasina, como pasou con Samuel na Coruña. Con él abrense novas frontes cara a nós e son temas excluíntes que estamos vivindo a diario. Temos que amosar todo o conseguido, e non o podemos perder. Por tanto, festexamos a nosa diversidade, a nosa forma de vivir. Que somos libres de amar, de sentir e de expresarnos como queiramos.
Como nace a asociación Nós Mesmas na cidade?
En setembro facemos 17 anos. Comenzamos no 2008 e fixemos un camiño lento, pero tamén creado por moitas persoas que traballamos da man para reivindicar os nosos dereitos e compartir experiencias da vida. Chegamos a Vigo a estudar de fóra e non había ningún colectivo aquí, e tíñamos que montar algo. Éramos tamén moi novas, vivíamos moitas situacións de discriminación e naquel momento non lle dábamos a importancia que tiña. Había moito acoso sexual as mulleres lesbianas e bisexuais cando estábamos de festa e, pouco a pouco, decidimos que era boa idea xuntarnos e reivindicar iso. Pero non pensamos nunca chegar os case 18 anos.
Son as novas xeracións parte do problema?
Non diría que é a xente nova, senón os discursos que calan en eles. Están a formarse como persoas e enxendran un montón de información falsa e confusa. É un discurso moi fácil, pero na adolescencia, que é cando crece o encontro co mundo, vai directamente contra as minorías e os dereitos humanos.
E como se combaten estes discursos?
Conseguindo dereitos que rompan coa sociedade como a temos estruturada agora, co masculino e feminino. Iso costa moito de asumir porque implica perder privilexios para esa xente que sempre estivo na cima. E utilizan as ferramentas necesarias para sinalarnos como as malas malísimas da película. E iso pasa na rúa e nas redes sociais. O sábado pasado, mentres nós facíamos a pedalada orgullosa, houbo unha concentración de oito colectivos que exclúen as persoas trans. Non estamos pedindo nada doutro mundo, estamos pedindo dereito a nosa identidade, e iso vén recollido na Constitución. Hai que cambiar a mentalidade de quen contrata, dos clientes… porque esas decisións inflúen en toda a vida dunha persoa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último