Dakidarría: “A canción adicada a miña filla foi a máis difícil de escribir da miña vida”
"Estamos nun momento de composición, dun novo traballo", explica Gabri Reigosa, vocalista de Dakidarría
A banda Dakidarría vén de publicar novo single, “A primera estrela que saia”, adicado a filla do vocalista e guitarrista, Gabri Reigosa, que se achega ao set de TV de Atlántico a falar da actualidade da banda.
O novo single ten unha historia fermosa detrás...
Si, levo días dicindo que foi a canción máis difícil de escribir da miña vida, porque escribir ao nacemento non, pero á vida dunha filla, dun fillo, pois é algo moi complicado. Ademais, neste caso, a miña única filla. Pensei en escribirlle esta canción así como naceu, porque a explosión de amor e de sentimentos que había dentro de min era moi grande, pero vai cumplir oito anos e agora, por fin, puiden sacala, porque foi un proceso longo a eleción de cada palabra e de cada frase que queres poñer nuna canción tan importante.
Oito son moitos anos para ver moitos primeiros momentos: camiñar, dicir papá, falar… Que vivencias escolle para a canción?
A ver, primeiro quería escribir sobre ese amor, porque a nena non falaba nin me entendía, con palabras. Que pasa? Que non fun quen. Entón, foi passando o tempo, finalmente, xa lle estou falando a unha personiña coa que teño unha relación moi estreita e moi bonita, pero que xa si entende. Creo que foi aí cando puiden escribir. A partir de que ela ten uso de razón e conciencia xa falo máis das miñas vivencias e de como transmitirlas a ela tentando darle un consello. Ao final, só teño 34 anos máis que ela, non é moito. Ela foi parte activa da canción. Sara leva dende moi pequeniña relacionada coa música, acabou subindo ao escenario con dous anos, a primeira vez. A impliquei noutras cancións que fixen, como non a vou implicar nesta! Sara dixo que lle encantaba e cantaba o estribillo con nos, e foi como “vale, é esta canción”.
Como está sendo a acollida da canción?
Marabillosa. Os nosos seguidores e as nosas seguidoras creo que coñecen moi ben que é Dakidarría, un grupo que canta dende dentro do corazón. A letra ou as ideas que tentamos transmitir son o primordial. Estes vaivéns no estilo, creo que nolo permiten ao 100%, incluso creo que moita xente o agradece. Hai de todo, claro. Nos chegamos a este punto con máis de 20 anos de carreira, danos un pouco igual. Dentro das nosas limitacións a nivel técnico, se podemos levar a cabo un estilo ou outro e nos parece que é o que temos que facernos, facémolo. Se superamos a barreira de que somos un grupo desta etiqueta ou desta outra, facemos o que nos sae e creo que o gañamos a pulso, tamén.
Como levarán a canción o directo?
É unha canción que tal vez non admite todos os directos. Dependendo do contexto onde esteamos. Nun festival no que tes que acelerar moito as veces e só podes tocar 60 minutos, igual non entra. Pero resulta que se é de día e está Sara, entón ímola levar defendéndoa tal cual como está. Non vai haber unha adaptación desta canción. Xa se presentou de feito antes de lanzarla no Festival Revenidas no 2025, este ano pasado. Había polo menos mil decenas de persoas chorando. Ou era moi mala e estaban chorando de angustia, ou creo que lle tocabamos a patata.
En que traballan agora?
Estamos nun momento de composición, dun novo traballo, con moitísimas ideas desbotadas e outras moitísimas que van collendo forma e van camiñando. Traballando con calma. A vida moderna fai que teñas que correr moito, que te obliga case a sacar constantemente música. A nós non nos funciona, porque non saen as cancións igual de ben en tres días que en tres meses. E bueno, por todo o percorrido ata hoxe, creo que esa presa será para xente máis nova, pero nós temos que manter a calma e facer as cancións co agarimo de sempre. Calculamos e pretendemos que a final de ano xa haxa un novo traballo, entre as que estará esta canción evidentemente, pero con outras moitas novas que estamos facendo agora.
Cando imos poder ver a Dakidarría nesta primavera-verán?
Xa hai un feixe de concertos anunciados e outros que non se poden anunciar. Pero imos facer moitos concertos na Galiza. É un ano de sair pouco fora, temos 4 ou 5 datas fora e 15 ou 20 por aquí. Polo tanto, a nivel galego, visitaremos as 4 provincias. A xira máis extensa será tal vez para presentar o novo traballo o ano que vemos.
Como ve a nova xeración de mozas e mozos?
Ben. Houbo unha época que pensei que estaba todo perdido, e simplemente pasou que eu deixei de sair pola noite e de estar en certos ambientes. Pensaba que toda xente nova é a que te chega o teu teléfono e ves que están alienados. E non é toda a xente nova, hai moita que se está organizando e traballando, creando novas redes. A nivel musical hai unha riqueza que nunca houbo a nivel galego.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último