Corina Mañá: “Ter discapacidade non é ser nin un pobriño, nin un heroe, só somos persoas”
"Na obra reflexionamos se hai un nome axeitado de nominar as cousas, de etiquetar, de xeneralizar: discapacidade ou diversidade que temos que dicir?", din a actriz cega viguesa, que forma parte do elenco “Nada se sabe” do Centro Dramático Galego
A viguesa Corina Mañá, traballadora da ONCE e actriz, participa na montaxe do Centro Dramático Galego, “Nada se sabe”, na que aborda a discriminación social ás persoas con discapacidade. Pasou polo set de Atlántico TV para falar da mensaxe da obra e de como vive na súa propia pel o que levan enriba do escenario.
“Nada se sabe” é unha obra inclusiva que fala do que dadas as súas características, vive en primeira persoa.
Teño unha discapacidade visual, entón no meu caso, pois si, é o día a día, á procura desta inclusión, amáis de no teatro, por suposto.
Esta obra é unha produción do Centro Dramático Galego, con Culturactiva. Como se involucra nesta obra?
Hai máis ou menos un ano e medio, fixeron un casting de Culturactiva en coproducción co CDG, buscando persoas, actores ou actrices con discapacidade para levar a cabo este proxecto, xunto con dous directores, Fran Rey e Nacho García. Presentouse un montón de xente, con características diferentes. Chamáronme e foi unha sorpresa moi grande, é un proxecto moi ilusionante,. Empezamos xa co que é a presentación e a creación, os catro actores que pertencemos a “Nada se sabe,” dous rapaces e dúas rapazas con discapacidade, participamos na creación interpretativa da peza. Empezamos cos ensaios ata que estreamos en Rivadavia o ano pasado, no Festival Internacional, e despois veu a tempada en Santiago.
É a adaptación dun clásico. Semella que a inclusión sempre foi un tema pendente?
É unha adaptación dun clásico de Filoctetes a cargo de Manuel Lourenço. Xurde pola idea de querer facer un clásico, pero non quedarnos só niso. Quixemos abordar diversas situacións da vida cotía, reflexionar da discapacidade e do concepto de “Nada se sabe”. Partimos do clásico de Filoctetes sobre un mito grego no que un guerreiro é abandonado nunha illa cunha ferida que lle causa unha serpe nunha perna. Hai está a idea de abandono, de illado, de deixado do mundo, recordounos un pouco o que, ás veces, vivimos nos no día a día. Non por mal, senón por descoñecemento, a xente ás veces non pensa como facemos as cousas ou interpretamos dunha maneira, ou facemos todo como un pouco xeneralizado. Así fixemos ese segundo vértice, o da discapacidade, que nos levou ao terceiro, que, xustamente, non se fai por mal, como fixeron con Filoctetes. O importante para nós é que Filoctetes non é unha persoa senón que empezou sendo un guerreiro pero se converteu nun concepto do diferente, que non da discapacidade, senón do diferente en xeral: como un que fala un idioma distinto, unha super atleta ou unha cega, como a min que son a diferente nun colectivo de xente que ve, pero iso non me fai nin de máis, nin menos.
E ese tratamento distinto, moitas veces por descoñecemento, nótase tamén dende o escenario?
A hora de presentar a obra imos avalados polo CDG, pero por parte do público, a verdade é que si. O que notamos é xustamente ese descoñecemento. Na obra reflexionamos se hai un nome axeitado de nominar as cousas, de etiquetar, de xeneralizar: discapacidade ou diversidade que temos que dicir? Acábase xeralizando que todolos aspergers son iguais ou o mesmo que as persoas con xordocegueira. Ter discapacidade non é ser nin un pobriño, nin un heroe, só somos persoas.
Xa coa súa traxectoria ten amosado que pode facer o que se propoña como o esgrima, non?
Son unha persoa moi activa e para min foi unha etapa moi bonita, con viaxes, campionatos e un triunfo a nivel europeo. É un deporte minoritario, que se adapta, como todas as cousas, é dicir, a discapacidade visual non me impide facer cousas. ¡Por suposto que non vou conducir un avión! Bueno, depende. É liberdade tentar facer as cousas, igual non podes, pero hai que tentalo, non? Creo que é a forma de superarse. Se es baixiña para algo, pódese solucionar con tacóns.
E como está a integración laboral no ámbito artístico?
Moi complicado. Volvemos outra vez ao tema do medo. Hai un prexuízo sen querer, porque non estamos acostumados a tratar con persoas con discapacidade, é o título da obra, “Nada se sabe”. Eu estudei na ESAD por unha praza de acceso normal, non había para persoas con discapacidade. Sorprendeume que non houbera e preguntei, resultou que non tiñan nin idea de que non había. E logo claro, pensamos que unha persoa cega só pode interpretar a unha cega como característica principal, que non pode facer de avogada ou nai de familia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último