Beatriz Caamaño: “A literatura de Begoña non só non caduca, senón que é cada vez máis actual”
“Ninguén da familia sabíamos que estaba escribindo, fíxoo pola calada. lembro o abraio absoluto”, di a irmá de Begoña Caamaño, homenaxeada das Letras Galegas
Bea Caamaño irmá da homenaxeada este 2026 polo Día das Letras Galegas, Begoña Caamaño, é a representante da familia nos actos que reivindican a figura da escritora e xornalista viguesa.
Cómo está a vivir a familia este regueiro de homenaxes?
Con moita intensidade e con moita emoción. É realmente un acontecemento excepcional na vida de unha persoa. E, ademais, tendo en conta que a persoa homenaxeada non está, é condición indispensable, pois coa responsabilidade que supón representala. Represento a miña familia, pero tamén dalgunha maneira tento ser a voz de Begoña, para que a súa mensaxe non se esqueza, para que a súa figura non se olvide. Vívoo como unha oportunidade inmensa de trasladar a súa mensaxe, que chegue non sí a través dos seus libros.
Cales son os recordos máis prezados que garda con Begoña?
Recordos teño moitos, claro. Nós tivemos de todo, coma todos os irmáns. Había momentos maravillosos e momentos tamén duros, claro, que tamén pelexabamos. Eu lembro sempre, para min, eu unha Bego grande. Non grande polos seus logros, senon por como era xa de pequena, unha nena que pisaba forte, que tiña esa presenza. E a min maravillábame. Ela era un ano maior ca mín, pero era bastante máis alta. Pero non era polo volumen, senon por ese carácter tan potente que tivo dende moi cativa. Penso en Bego e nos vexo camiño do cole, e eu con ese orgullo de ir ao lado dalguén tan grande.
Cando atisbades na familia ese perfil primeiro de xornalista e, máis tarde, de escritora?
Hai moito tempo de diferencia entre un despertar e outro. Pero, en calquera dos casos, eu creo que en ningunha fomos quen de intuilas. Ela nunca mostrou unha vocación polo xornalismo. Rematou COU sen ter un camiño decidido, unha vocación en concreto. O estudo de maxisterio foi unha cousa circunstancial. Pero tivo a oportunidade de achegarse o xornalismo e aí ela desperta, enamora e atopou seu lugar para sempre. Coa literatura foi... Fíxoo pola calada. Ninguén da familia sabíamos que estaba escribindo. Ós meus pais so que lles presentou o escrito antes de ser publicado, pero xa completo. Eu, desde logo, non tiven acceso ata que o libro estivo publicado. A primeira vez que lin a Begoña Camaño foi como resto dos mortais, co libro xa publicado. Lembro o abraio absoluto, primeiro, de ter escrito algo e, logo, de ter escrito aquilo. Unha vez que empezas a falar e a recibir outros inputs, empezas a pensar e es que, claro, tiña que ser. A fantasía habitouna sempre.
Hai arquivo de Begoña Caamaño?
Hai, pero non hai. É dicir, o que hai neses arquivos é moita documentación para as seguintes novelas e o que hai son esos textos que escribiu para unha manifestación ou un acto, ou cosas que logo publicou, como artigos. Inédito hai pouca cousa. Están súas presentacións, das que sólo temos a oralidade, pero sí que están nos seus arquivos e que penso que agora a Academia vainas editar.
Aos estudantes do IES Castelao díxolle que Begoña sentíase coma un parruliño feo…
Non é fácil ser desigual aos outros. Non só polo seu comportamento, sino polo seu pensamento e por ser unha muller coherente. Era unha muller moi libre. A xente non sempre a entendeu moi ben. Estas personas que aparentemente son tan seguras, están cheas de dúbidas e de contradiccións. Ela era grande, e eso tamén era raro, unha muller tan alta e diferente… Dende pequenos, todo mundo tende a etiquetar as persoas que somos distintas. Claro que houbo sufrimento na súa vida por ese sentirse diferente. Isto me parece que é moi importante que os adolescentes o coñezan. Non ver só o lado triunfador. E que entendan que sentirse ou ser diferentes non é malo. E o contrario, pode ser hasta revolucionario.
Moitas das mensaxes que trasladaba Begoña Caamaño síntense de actualidade. Non parece que caduque…
Eu creo que non só non caduca, senón que é cada vez máis actual. Se todo aquelo que ela xa se formulaba e se plantexaba hai máis de 20 anos, hoxe en día… madre mía. E que é importante que sempre haxa alguén que dé un paso e que dé voz para que as cousas cambien, contar as historias como foron.
Nunha das últimas homenaxes pedías non limitar a figura de Begoña Caamaño a este Día das Letras. Como se pode facer para manter vivo seu legado?
Temos que ler os seus libros, por suposto, porque son unha maravilla, literatura con maiúsculas. Creo que debemos ler os seus artigos e creo que hai cousas das que ela di que deberían formar parte do ensino e que non deberían esquecerse. Todavía queda moito por estudiar de Begoña e creo que esa é a importancia tamén precisamente deste nomeamento.
Contenido patrocinado
También te puede interesar