Astarot: “Na movida éramos os chicos malos da outra beira da Ría de Vigo”

"Astarot naceu como un xogo de catro rapaces que estaban intentando facer versións dos seus grupos preferidos", explican Juan Antepazo e José Piedra

Astarot: “Na movida éramos os chicos malos da outra beira da Ría de Vigo” | Atlántico

A lendaria banda galega de heavy metal Astarot, unha das máis lonxevas do xénero en activo en Galicia, publica novo single, “Somos”, e prepara álbum producido dende a súa terra natal, Cangas.

Que representa o novo single, “Somos”, para Astarot?

Juan Antepazo: Non era indignación, pero nos estabamos empezando a acostumbrar a que, cando saíamos fora de Galicia, sobre todo por País Vasco ou Castilla, sempre soltaban esas pullas, a facer chistes de “como sois los gallegos”. Foi fruto desa necesidade de contarnos como realmente cremos que somos, como nos identificamos, en vez de que nos definan dende fóra. Xurdiu dunha forma moi espontánea, con poucas pretensións. Foron xornadas de traballo en estudio e saiu da forma máis natural posible. Terminou por ser unha especie de manifesto, do que é pertencer a esta terra.

Como é crecer nunha banda de rock duro nunha vila mariñeira como Cangas?

J.A.: Sempre crecín escoitando que Cangas era a capital do rock de Galicia, igual por herencia desa mítica sala Chichao...

José Piedra: A Saturno 3.

J.A.: De feito Astarot empezou a andar ahí, creo que no segundo concerto. Digamos que Vigo estaba máis ligado a toda esa vertiente pop, funcionando de forma paralela a Madrid, coa súa propia movida viguesa. Aí enfrente da ría nós éramos os chicos malos. Molaban máis as chupas de cuero e exprimir un pouco máis os amplificadores. Astarot naceu como un xogo de catro rapaces que estaban intentando facer versións dos seus grupos preferidos, do que se escoitaba nos 80: Iron Maiden, Metallica…

Como foi o proceso de composición de “Somos”?

J.P.: É verdade que tanto a música como a letra, como comentaba Juan, saiu sen ninguna pretensión, dun pequeno arranxo nun estudio. Logo fomos construindo e, coa letra, o que tiñamos claro era do que queriamos falar, das nosas costumes, homenaxeando ós nosos antepasados. Somos como somos porque eles nos ensinaron antes. Con rock e con música celta, e incluso co alalás, que é a música, quizás, o máis primitivo que hai en Galicia. Se fixo unha mestura que, o meu pensar, é bastante bonita.

Na presentación do tema falades que incluso pode catalogarse como un tema de rock progresivo…

J.A.: Si, por esa forma tan libre da que naceu, tan espontánea, o tema non ten unha estrutura digamos, férrea, nin unha estrutura clásica dunha canción de rock..

Estrofa, retrouso…

J.A.: Iso mesmo. É unha canción moi libre. Unha vez que tiñamos a cuadratura, empezamos a mirarnos, e digo “ostras, pero non fará falta facer pontes?”. E non facía falta facerlle nada, porque o tema iba transcurrindo dunha forma moi natural. Se temos que buscarlle algunha similitude, para definilo formalmente, eu creo que a única que se acerca un pouco sería unha rapsodia. Despois de 43 anos tes que ir aportando algo novo.

Falando de traxectoria, en qué punto está hoxe a banda?

J.A.: Estamos empezando! Ao final, si Astaroth segue vivo nos 2026, empezando en 1983 que xa choveu, é porque porque, enriba de todo, de cualquier xustificación musical, hai unha xustificación emocional. Que eses chavales que empezaron no 83 e agora teñen 60 e pico, siguen sendo os mesmos rapaces, solo que con máis canas ou menos pelo, pero coa mesma ilusión. Siguen emocionándose da mesma forma cada vez que acenden o amplificador e que escuitan a súa guitarra coa distorsión. Aparte somos unha banda que non somos demasiado de volver á vista atrás. Nós preferimos falar do que estamos facendo hoxe e non do que imos a facer dentro de seis meses.

Datas de concertos para o verán?

J.P.: Estaremos por varios puntos de Galicia, coma todos os anos. O 5 de xuño, no Folk na beira do Sar, en Compostela. Tamén pola zona de Boiro e en Euskadi, estaremos na plaza do casco vello de Sestao. Sempre é un placer ir afora cantando galego. Estamos pechando máis cousas, pero xa temos como 5 ou 6 presentacións en directo. Unha moi especial tamén de cara a zona de Tomiño, fusionado coa banda de música de Goián, con un total de 60 ou 70 personas. En anderemos por Vigo, en Lavadores.

Contenido patrocinado

stats